Consellería do Medio Rural
ORDE do 14 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR323C).
Entidades beneficiarias
a) Cooperativas agrarias titulares de explotacións agrarias inscritas no Rexistro de Ex‑ plotacións Agrarias de Galicia.
b) Cooperativas agrarias con socios titulares de explotacións agrarias inscritos no Rexis‑ tro de Explotacións Agrarias de Galicia.
O importe da axuda será do 40 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 60 % en función da aplicación dos seguintes criterios:
a. 10 % no caso dos investimentos relacionados con operacións en agricultura ecolóxica;
b. 15 % en investimentos colectivos, cando o beneficiario procede de fusión de coope‑ rativas finalizada nos últimos 5 anos;
c. 10 % para investimentos en zonas con limitacións naturais u outras limitacións espe‑ cíficas, recollidas no artigo 32 do Regulamento (UE) 1305/2013;
d. 10 % no caso das operacións subvencionadas no marco das asociacións europeas de innovación (AEI) en materia de produtividade e sustentabilidade agrícola
Establécese un investimento mínimo subvencionable de 100.000 € e un máximo de 5.000.000 €.
O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, que se contará desde o día se‑ guinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220927/AnuncioG0426-150922-0001_gl.pdf