XUNTA GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA A FORMACIÓN NO ÁMBITO DO TRANSPORTE POR ESTRADA

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ORDE do 14 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para conceder axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia e se convocan para 2023 (tramitación anticipada) (código de procedemento IF318A).

O obxecto desta orde é fixar as bases reguladoras polas que se rexerá o outorgamento de subvencións da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para facilitar a realización de cursos de interese público para o colectivo do transporte en Galicia (código de procedemento IF318A), ofertados ás entidades colaboradoras da Administración que se integran no Comité Galego de Transportes por Estrada, regulado polo Decreto 251/1998, do 10 de setembro.

Plan formativo

1. Para acceder ás axudas reguladas nesta orde, as entidades a que se refire o artigo seguinte deberán presentar un plan formativo que abranguerá a totalidade de cursos ou seminarios que pretendan realizar no ano 2023 e dentro dos prazos de xustificación previstos nesta orde. Para estes efectos, como anexo I desta orde, publícase a relación básica de cursos que se considerarán subvencionables, estruturados por área, modalidade e duración. A dita relación básica de cursos subvencionables será desenvolvida e completada por unha guía de referencia que se publicará na páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade. Nela especificaranse as características básicas que deben reunir os cursos, así como os importes máximos que se outorgarán para cada un deles. As especificacións desa guía de referencia teñen carácter vinculante, de xeito que todos os cursos incluídos no plan formativo deberán axustarse a elas para que este poida ser subvencionable.

2. Para que o plan formativo resulte subvencionable, os cursos que inclúa deberán afectar cando menos o seguinte número mínimo de áreas das recollidas no anexo I, segundo o custo que suporía executar o plan formativo nas condicións propostas: Porcentaxe que supón o custo do plan formativo en relación co crédito orzamentario dispoñible. Mínimo de áreas do anexo I que deberá afectar o plan formativo. 10-20 %: 2. 21-30 %:

3. Máis do 30 %: 4. 3. As axudas outorgaranse de acordo coa consignación orzamentaria dispoñible e poderán cubrir ata o 100 % do custo total do plan formativo.

Poderán ser beneficiarias das axudas, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nesta orde, as asociacións profesionais de transportistas ou de empresarios de actividades auxiliares ou complementarias do transporte, ou as federacións destas, que teñan acreditada e recoñecida a súa representatividade no marco do sector profesional por resolución da Dirección Xeral de Mobilidade con anterioridade ao vencemento do prazo para presentar as solicitudes previstas nesta orde, para os efectos do regulado polo Decreto 251/1998, do 10 de setembro, polo que se crea o Comité Galego de Transporte por Estrada e se regula o Rexistro de Asociacións Profesionais de Transportistas e de Empresas de Actividades Auxiliares e Complementarias do Transporte.

As entidades referidas terán que ter acreditada unha representatividade que lles outorgue, ou poida outorgar, cando menos, un vinte e cinco por cento dos dereitos de voto correspondentes ao ámbito provincial en que desenvolvan a súa actividade ou, alternativamente, un quince por cento, no ámbito do conxunto da Comunidade Autónoma.

No caso de asociacións integradas en federacións ou confederacións integradas no Comité Galego de Transporte por Estrada, poderán ser beneficiarias das axudas nos termos indicados nesta orde sempre que a súa propia representatividade conste definida na documentación achegada pola federación ou confederación para acreditar a súa propia representatividade.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221124/AnuncioG0533-151122-0004_gl.pdf