XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE CALDEIRAS DE BIOMASA DESTINADAS A PARTICULARES E ABRE PROCESO DE SELECCIÓN DAS ENTIDADES COLABORADORAS PARA A SÚA XESTIÓN

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para caldeiras de biomasa destinadas a particulares, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (códigos de procedemento IN421N e IN421P).

En concreto, os proxectos de biomasa que se subvencionaran son os do grupo: B1 caldeiras que utilicen leña, B2 (caldeiras de pellets con volume de acumulación de combustible inferior a 3.000 l) e B3 (caldeiras de pellets con volume de acumulación de combustible maior ou igual a 3.000 l).

Serán subvencionables:

a) O equipamento principal de xeración enerxética.

b) O custo do equipamento térmico e os seus accesorios principais (sistema de regulación e control, sistemas de limpeza, depuración de fumes, extracción cinzas).

c) Resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.

d) O custo do sistema de almacenamento do combustible.

e) O custo do sistema de alimentación do combustible.

f) O custo de montaxe e conexionado.

A contía da axuda será do 50 % do investimento elixible da instalación. A contía máxima por proxecto será de 8.000 €.

Cada entidade colaboradora poderá solicitar un máximo de 300.000 € en proxectos con reserva de fondos.

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través dos seguintes medios:

1. Na páxina web do Inega (www.inega.gal) e no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

2. No teléfono 981 54 15 00.

3. Guía de procedementos e servizos: https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

As entidades colaboradoras adheridas son as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e a documentación xustificativa da actuación).

ENTIDADES COLABORADORAS NA ESTRADA:

IN421N-181 BLANCO Y NODAR S.L. AVDA. DE SANTIAGO Nº 92 ESTRADA (A) PONTEVEDRA 986571943
IN421N-70 ESTRADENSE DE CALEFACCION S.L. C/ BUYACA Nº 4 ESTRADA (A) PONTEVEDRA 630077383
IN421N-285 ESTRAFON INSTALACIONES SL AVENIDA FERNANDO CONDE Nº 80 ESTRADA (A) PONTEVEDRA 625445060
IN421N-8 GEINSELEC, S.L. AV.BENITO VIGO Nº 78 ESTRADA (A) PONTEVEDRA 986573474
IN421N-334 INSTALACIONES FUENTES LOPEZ SL LG - A BREA - MATALOBOS Nº 17 ESTRADA (A) PONTEVEDRA 986570525
IN421N-304 JOSÉ MANUEL DACAL JUIZ                     LUGAR OCA DE ARRIBA Nº S/N
                                                                         620487379

O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará a partir do primeiro día hábil seguinte ao da publicación no DOG da presente resolución e rematará o 1 de xuño de 2023. 

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 1 de marzo de 2023 ás 9.00 horas e rematará o 29 de xuño de 2023 ou cando se esgoten os fondos.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230118/AnuncioG0474-201222-0002_gl.pdf