É unha iniciativa do Goberno para subvencionar a implantación de solucións dixitais dispoñibles no mercado que cubran as necesidades das pequenas empresas, microempresas e traballadores/as autónomos/as. Están dirixidas a calquera sector ou tipo de negocio.
Ten como obxectivos modernizar o tecido produtivo español, favorecer o seu crecemento e a súa presenza en novos mercados.
Que podo facer na miña empresa co bono dixital?
Mellorar a miña páxina web e a súa presenza básica ou avanzada na internet
Xestionar as redes sociais
Reforzar a ciberseguridade
Garantir as comunicacións seguras
Ampliar a xestión dos clientes
Utilizar a intelixencia empresarial e analítica nos procesos
Ofertar servizos e ferramentas mediante unha oficina virtual Implantar a factura electrónica
Xerar unha plataforma de Marketplace (centro comercial en liña) que agrupe varias tendas no mesmo sitio web, ás que o consumidor poida acceder para comprar os seus produtos.
A canto ascende a axuda?
Coa axuda do Kit Dixital poderás contar cun mínimo de 2.000 euros e ata 12.000 euros para investir na dixitalización da túa empresa.
Como solicitar o Kit Dixital?
Rexístrate na plataforma Acelera peme AQUÍ
Realiza o test de diagnóstico dixital para comprobar o teu nivel de dixitalización.
Consulta as solucións de dixitalización dispoñibles que mellor se adapten ás necesidades do teu negocio e o catálogo de axentes digitalizadores que che ofrecen eses servizos.AQUÍ Presenta a solicitude de axuda na sede electrónica de Red.es (https://sede.red.gob.es/) se cumpres os requisitos requiridos.
Unha vez concedido o bono, elixe un axente digitalizador autorizado e asina un acordo para que xestione as solucións dixitais que elixises.
Cales son os requisitos?
Ser unha pequena empresa, microempresa ou autónomo/a
Cumprir os límites financeiros que definen as categorías de empresa
Estar en situación de alta coa antigüidade mínima que se establece en cada convocatoria
Non estar considera unha empresa en crise
Estar ao corrente das obrigacións tributarias e coa Seguridade Social
Non superar o límite de axudas de pequena contía
Cando termina o prazo de presentación das solicitudes?
As empresas de todos os segmentos poden presentar a súa solicitude ata o 31 de decembro de 2024, ás 11:00 horas
QUEN PODE SER AXENTE DINAMIZADOR/A?
Requisitos:
- Ter unha facturación acreditada no mercado español de polo menos 100.000 euros nos dous anos anteriores da presentación da solicitude de adhesión, ou 50.000 euros no ano anterior, en proxectos similares aos que oferta do bono dixital. No caso dos autónomos, a facturación deberá ser de, polo menos, 70.000 euros dous anos antes de presentar a solicitude e 35.000 no ano anterior.
- Ter o domicilio fiscal e o centro de presentación das actividades obxecto de subvención na Unión Europea.
- Estar ao corrente das obrigacións tributarias e coa Seguridade Social.
Como presento a solicitude para ser axente dixitalizador/a?
- Enchendo un formulario de adhesión na sede electrónica de Red.es
- O prazo de adhesión para os axentes dinamizadores manterase aberto durante todo o tempo que permaneza activo o programa.
Cando e como empezo a prestar o servizo como axente dixitalizador/a? Unha vez asinado o acordo ou acordos de prestación de solucións dixitais terás tres meses para implantar a solución elixida polo beneficiario do bono dixital. Recibirás directamente a contía establecida para cada solución ou solucións, unha vez xustificases o desenvolvemento do teu traballo.