XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS EXTRAORDINARIAS DIRIXIDAS A PERSOAS EMIGRANTES GALEGAS RETORNADAS

Presidencia da Xunta de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento PR905A).

Para a concesión destas subvencións destinarase un crédito dun millón setecentos mil euros (1.700.000 euros)

Poderán ser beneficiarias destas axudas as seguintes persoas que, residindo fóra de España con nacionalidade española, establezan a súa residencia na Comunidade Autónoma galega:

a) As persoas galegas e nacidas en Galicia.

b) Os/as cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal das persoas galegas e nacidas en Galicia.

c) Os/as descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.

Requisitos que deberán cumprirse e acreditarse na data da presentación de solicitudes:

a) Estar en posesión da nacionalidade española antes de retornar.

b) Estar empadroado/a e ter residencia nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Ter residido no estranxeiro un mínimo de dous anos inmediatamente anteriores á data do retorno a España.

d) Que a data do retorno a España sexa a partir do 1 de xaneiro de 2021, incluído.

e) Carecer de recursos económicos suficientes na unidade familiar.

O prazo de presentación das solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 29 de setembro de 2023, incluído.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230410/AnuncioC3B0-240323-0001_gl.pdf