CONSELLERIA DE POLITICA SOCIAL CONVOCA AXUDAS DIRIXIDAS A PERSOAS CON ESCLEROSE LATERAL AMIOTRÓFICA

Consellería de Política Social e Xuventude

ORDE do 3 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas económicas para o ano 2023 dirixidas ás persoas con esclerose lateral amiotrófica e se realiza a súa convocatoria (código de procedemento BS215A).

Poderán solicitar as axudas económicas as persoas físicas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da súa solicitude:

a) Ter feitos os 18 anos.

b) Estar empadroados/as nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Estar diagnosticadas da enfermidade da ELA.

d) Ter recoñecida a situación de dependencia ou ter solicitada a situación de dependencia.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de novembro de 2023.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230405/AnuncioG0657-030423-0001_gl.pdf