ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR O BONO CULTURAL XOVEN: DIRIXIDO A MOZOS/A NACIDOS NO ANO 2005 (3)

O Bono Cultural Novo é unha axuda directa de 400 euros a quen cumpre 18 anos para adquirir e gozar de produtos e actividades culturais.

- 200 euros para artes en vivo, patrimonio cultural e artes audiovisuais. Por exemplo, entradas e abonos para artes escénicas, música en directo, cinema, museos, bibliotecas, exposicións e festivais escénicos, literarios, musicais ou audiovisuais, e espectáculos taurinos.
 
- 100 euros para produtos culturais en soporte físico. Por exemplo, libros, revistas, prensa, ou outras publicacións periódicas; videoxogos, partituras, discos, CD, DVD ou Blu-ray.
 
- 100 euros para consumo dixital ou en liña. Por exemplo, subscricións e alugueiros a plataformas musicais, de lectura ou audiolectura, ou audiovisuais, compra de audiolibros, compra de libros dixitais (e-books), subscrición para descarga de arquivos multimedia (podcasts), subscricións a videoxogos en liña, subscricións dixitais a prensa, revistas ou outras publicacións periódicas.

Unha invitación para entrar na idade adulta da man da cultura.

Se cumpres 18 en 2023, podes solicitar o teu Bono Cultural Mozo aquí: https://beneficiarios.2023.bonoculturajoven.gob.es/

Para realizar a solicitude vas precisar ter un CERTIFICADO DIXITAL ou ESTAR REXISTRADO/A EN CL@VE con rexitro básico se xa tes os 18 anos ou con rexistro avanzado no caso de que aínda non os cumprises ( neste último suposto; na Estrada, fanche este trámite nas oficinas da Tesoureria da Seguridade Social sen necesidade de cita previa)

CÓMO SOLICITALO?

Aquí tes toda a información: https://bonoculturajoven.gob.es/

CONDICIÓNS PARA GASTALO

https://bonoculturajoven.gob.es/

ONDE SE PODE USAR?

Nas entidades adheridas como colaboradoras do Ministerio de Cultura.

Preme nesta ligazón para comprobar onde: https://beneficiarios.bonoculturajoven.gob.es/entidades-adheridas

*NOTA:  EMPRÉGAO NO PEQUENO COMERCIO MAIORITARIAMENTE 

INFORMACIÓN COMPLETA: https://bonoculturajoven.gob.es/