CONSELLERIA DE MEDIO RURAL CONVOCA AXUDAS PARA A EXECUCIÓN DE MEDIDAS DE PROMOCIÓN DO SECTOR VITIVINÍCOLA EN MERCADOS DE TERCEIROS PAÍSES

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 19 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MR440D)

Poderán presentar solicitudes para acollerse ao financiamento das medidas de promoción en terceiros países as seguintes figuras xurídicas con domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia:

a) Empresas vinícolas, considerando como tales aquelas empresas privadas nas cales, de acordo co seu último exercicio fiscal pechado, máis do 50 % da súa facturación proveña de produtos do anexo IV ou cuxa produción supere os 500 hl deses produtos. As empresas deberán estar constituídas con anterioridade á data de presentación da solicitude.

b) Organizacións de produtores vitivinícolas e asociacións de organizacións de produtores vitivinícolas, definidas de acordo cos artigos 152 e 156 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

c) Organizacións interprofesionais.

d) Organizacións profesionais que exerzan a súa actividade maioritariamente no sector do viño e que teñan entre os seus fins estatuarios a realización de actividades de promoción.

e) Órganos de xestión e de representación das DOP e IXP vitivinícolas, así como as súas asociacións.

f) As asociacións temporais ou permanentes de produtores que teñan entre os seus fins o desenvolvemento de iniciativas en materia de promoción e comercialización do viño.

g) Cooperativas que comercialicen viños elaborados por elas ou polos seus asociados.

h) As entidades asociativas sen ánimo de lucro participadas exclusivamente por empresas do sector vitivinícola que teñan entre os seus fins a promoción exterior dos viños.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 14 de setembro de 2023.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230731/AnuncioG0426-190723-0001_gl.pdf