DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONVOCA A OITAVA EDICIÓN DOS PREMIOS PROVINCIAIS Á XUVENTUDE, ANO 2024

BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DA OITAVA EDICIÓN DOS PREMIOS PROVINCIAIS Á XUVENTUDE, ANO 2024

 Poderán optar a estes premios as persoas físicas e xurídicas que cumpran os seguintes requisitos, segundo a categoría do premio na que participen:

a) Categorías 4, 5, 6, 7, 8, 9 e 10

Están dirixidas a mozas e mozos con idades comprendidas entre os 16 e 35 anos na data de presentación de solicitudes que estean empadroados en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra.

b) Categoría 1, proxectos de agrupacións estudantís

Está dirixida a persoas físicas, mozas e mozos de entre 16 e 35 anos na data de presentación de solicitudes, que estean empadroados nalgún concello da provincia de Pontevedra, así como a algunha das seguintes clases de persoas xurídicas:

• Agrupacións estudantís

— Que estean legalmente constituídas e inscritas no rexistro de entidades correspondente.

— Que teñan a súa sede social nalgún concello da provincia de Pontevedra.

— Nas que polo menos un 75 % das persoas da entidade que desenvolva o proxecto social sexan persoas físicas con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos.

• Centros educativos de carácter público nos que o alumnado teña entre 12 e 18 anos.

c) Categoría 2, iniciativa empresarial. Está dirixida a:

• Persoas físicas

— Mozas e mozos de entre 16 e 35 anos na data de presentación de solicitudes que estean empadroados en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra.

— Que estean dadas de alta no Réxime Especial de Traballadores por Conta Propia ou Autónomos (RETA), cunha antigüidade mínima dun mes antes da data de publicación destas bases.

 Persoas xurídicas

— Que teñan a sede social na provincia de Pontevedra.

— Nas que polo menos o 75 % dos membros da xunta directiva ou das administradoras e/ou administradores sexan persoas físicas con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos.

— Que estean legalmente constituídas e inscritas no rexistro público correspondente.

— Cuxo proxecto leve en funcionamento polo menos un mes no momento da convocatoria destes premios.

d) Na categoría 3, educación en valores, unicamente poden participar:

— Centros públicos de educación secundaria da provincia de Pontevedra en cuxos proxectos participen alumnas e alumnos de entre 12 e 18 anos.

e) Na categoría 6, no caso de que se trate dun grupo musical:

— Que as persoas que o integren teñan idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos (admitirase a inscrición de grupos nos que polo menos o 75 % dos seus membros cumpra este requisito).

— Que polo menos o 75 % das persoas que o integren estean empadroadas na provincia de Pontevedra.

f) Na categoría 11, reacción polo clima:

• Persoas físicas: mozas e mozos de idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos na data de presentación de solicitudes que estean empadroados nalgún concello da provincia de Pontevedra.

 Persoas xurídicas

— Entidades de iniciativa social legalmente constituídas e inscritas no rexistro de entidades correspondente, con sede social na provincia de Pontevedra, nas que polo menos un 75 % dos membros da entidade que desenvolva o proxecto social sexan persoas físicas de entre 16 e 35 anos.

— Centros de educación secundaria da provincia de Pontevedra en cuxos proxectos participen alumnas e alumnos de idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos.

O prazo de presentación das solicitudes e da documentación complementaria será de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS) e do seu extracto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

5.2. As persoas interesadas en participar deberán preinscribirse, preferiblemente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2024/02/26/2024011840