SUBVENCIÓNS PARA PROMOVER O AUTOEMPREGO E A ACTIVIDADE EMPRENDEDORA NA COMUNIDADE AUTÓNOMA GALEGA DAS PERSOAS EMIGRANTES GALEGAS RETORNADAS, E SE PROCEDE Á SÚA CONVOCATORIA PARA O ANO 2024

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega:

1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.

2. Os/as cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.

Requisitos

1. Todas as persoas solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos na data de presentación da solicitude:

a) Acreditar a condición de persoa beneficiaria de acordo co disposto no artigo 3.

b) Estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno a España.

c) Ter residido no estranxeiro e que a data do retorno a España sexa a partir do 1 de xaneiro de 2022, incluído.

d) Estar de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade do colexio profesional, en todo caso, con anterioridade á presentación da solicitude.

e) Residir e exercer a súa actividade empresarial ou profesional na Comunidade Autónoma de Galicia (segundo a alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria, modelo 036 o 037).

f) Ter o domicilio fiscal en Galicia. No caso de que a actividade se realice a través dunha empresa, este requisito referirase ao domicilio fiscal desta.

g) Non ter sido beneficiaria desta axuda ao abeiro de anteriores convocatorias.

h) Non incorrer en ningunha das circunstancias e prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria de subvencións enumeradas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Quedan excluídos os autónomos colaboradores.

O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de setembro de 2024.

Ligazóns:https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240202/AnuncioC3B0-291223-0005_gl.html

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR937A