Persoas destinatarias e requisitos. Poderán solicitar as axudas as persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da súa solicitude:
- Ter feitos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D, e non ter feitos os 31.
- Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
- Non estar traballando por conta propia nin allea.
- Ter aprobado o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de presentación da solicitude.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de condución de clase B; de 650 euros para o permiso de clase C, e de 1.300 euros para o permiso de clase D.
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG e estará aberto ata o día 30 de setembro de 2024, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito orzamentario disponible.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
- Autorización temporal para conducir expedida pola Dirección Xeral de Tráfico, no caso de que a persoa solicitante teña aprobado o/s carné/s obxecto da solicitude pero o documento aínda non fose expedido. Esta xustificación debe conter a data de obtención do permiso, que debe estar no intervalo recollido no artigo 5.d).
- O/s certificado/s de empadroamento histórico que acredite/n a antigüidade mínima exixida no artigo 5, no caso de que a última variación padroal sexa inferior a 1 ano.
Xustificación
- As persoas beneficiarias deberán achegar, no prazo de 10 días hábiles contados a partir da notificación da resolución, a seguinte documentación:
- a) A declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes ou das entidades vinculadas ou dependentes (anexo III).
- b) As certificacións de estar ao día das obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, só no caso de que se opuxesen expresamente á súa consulta automática no trámite de solicitude.
2. A xustificación da suma a prezo global establecida no artigo 3 realizarase en función da xustificación da obtención do/s permiso/s de condución obxecto da solicitude, que se exixe como requisito das persoas solicitantes no artigo 5.d).
Ligazóns:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240123/AnuncioG0657-030124-0001_gl.html
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS321A
Se precisas máis información ou axuda para a súa tramitación podes pasarte polo departamento de emprego do Concello da Estrada sen necesidade de cita previa, ou chamarnos ao teléfono 986 677 740 en horario de 9.0 a 14.00 horas.
Información sobre a convocatoria. Axudas permisos de conducir clases B, C e D
Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado Edificio Administrativo San Lázaro 15781 Santiago de Compostela Teléfonos: 881 99 90 25, 881 99 93 14, 981 54 52 93 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. |
Centro Coordinador de Información Xuvenil Rúa de Ramón Piñeiro, 17-19 15701 Santiago de Compostela Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. |
Xefatura Territorial da Coruña. Consellería de Política Social e Xuventude. Servizo de Xuventude e Voluntariado Espazo Amizar, r/ Gregorio Hernández, 2-4 15011 A Coruña Teléfonos: 881 88 12 38, 881 88 12 40 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. |
Xefatura Territorial de Lugo. Consellería de Política Social e Xuventude. Servizo de Xuventude e Voluntariado Rolda da Muralla, 70 27071 Lugo Teléfonos: 982 29 42 24, 982 29 45 99, 982 29 49 23 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. |
Xefatura Territorial de Ourense. Consellería de Política Social e Xuventude. Servizo de Xuventude e Voluntariado Celso Emilio Ferreiro, 27 32004 Ourense Teléfonos: 988 38 61 17, 988 38 61 18 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. |
Xefatura Territorial de Vigo. Consellería de Política Social e Xuventude. Servizo de Xuventude e Voluntariado Praza da Estrela, s/n, 1º andar, 36201 Vigo Teléfonos: 986 81 70 78, 986 81 70 79, 986 81 72 98 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. |