BASES REGULADORAS PARA A PROMOCIÓN E CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA E A FORMACIÓN DE PERSOAS ASALARIADAS, E SE PROCEDE Á SÚA CONVOCATORIA PARA O ANO 2024

A finalidade do programa é favorecer a creación de novos empregos estables e contribuír ao crecemento de pequenas unidades produtivas con potencialidade para a creación de emprego, a través da concesión dunha contía fixa que contribúa a que as persoas autónomas fagan fronte á contratación de persoas traballadoras.

Este programa inclúe dous tipos de axudas compatibles entre si:

1. Bono de contratación, cuxas particularidades se recollen no capítulo II desta orde, e por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

2. Bono de formación (opcional), cuxas particularidades se recollen no capítulo III desta orde, e por medio do cal se proporcionará unha subvención ás persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia, para que leven a cabo accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras cuxos contratos se subvencionan por medio desta orde, co obxecto de mellorar os seus coñecementos e as habilidades relacionadas co posto de traballo.

O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día 5 de febreiro de 2024 e rematará o 29 de setembro de 2024.

Ligazóns: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240129/AnuncioG0656-030124-0007_gl.html

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR349F