Poderán ser beneficiarias desta axuda aquelas persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que dispoñan de documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro/a (NIE) e que se atopen nun dos seguintes supostos:
a) Atoparse na semana 21 ou posterior de xestación entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024.
b) Ter fillas ou fillos nados/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024.
c) Ter constituída a adopción, acollemento familiar permanente ou ser declarado/a en situación de garda con fins adoptivos dun o máis menores de ata tres anos de idade entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024.
2. Así mesmo, poderán beneficiarse da axuda as galegas e galegos e os seus descendentes que se atopen en calquera dos dous supostos anteriores e, tendo residido fóra de España, retornen a Galicia durante o ano 2024.
O importe da axuda nestes casos establecerase en función dos meses que resten desde o 1 de xaneiro de 2024 ata que o neno ou nena que dá dereito á axuda faga tres anos ou ata que se cumpran tres anos do ditado da correspondente resolución para os supostos de adopción ou garda con fins adoptivos.
Así mesmo, aquelas familias que non optaran á dita axuda nas referidas convocatorias, por superar os ingresos recollidos no artigo 5.1.b), e experimentaran unha variación á baixa da renda da unidade familiar e concorran á presente convocatoria, poderán beneficiarse das contías previstas no artigo 4.2 nos termos establecidos no punto anterior.
4. Non poderán ser beneficiarias as persoas privadas ou suspendidas total ou parcialmente da patria potestade dos seus fillos/as, mediante resolución xudicial firme, ou cuxa tutela ou garda fose asumida polos órganos competentes en materia de protección de menores.
1. Serán requisitos necesarios para a concesión desta axuda:
a) Que a persoa proxenitora solicitante teña a súa residencia habitual en Galicia. Para estes efectos, considerarase cumprido o requisito de residencia habitual co empadroamento efectivo nun concello de Galicia.
b) Que a renda da unidade familiar non supere os 45.000 €. No suposto de que esta contía fose superior, a renda per cápita non deberá superar os 13.500 €.
c) Que a renda da unidade familiar non supere os 22.000 € para ter dereito á contía da axuda prevista no artigo 4.2.
d) Que a persoa proxenitora solicitante teña a súa residencia habitual nun concello cunha poboación inferior a 5.000 habitantes para ter dereito ao incremento da axuda prevista no artigo 4.3.
3. Para ter dereito á axuda excepcional prevista no artigo 4.4, a unidade familiar debe estar en situación de especial vulnerabilidade declarada polo órgano dos servizos sociais comunitarios básicos e ter un recurso do dito sistema público pendente de resolución.
4. Así mesmo, as persoas beneficiarias teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
5. Todos os requisitos recollidos no número 1 deberán reunirse no momento de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
6. No suposto de ter concedida a tarxeta Benvida durante o estado de xestación non pode volver solicitarse esta axuda unha vez nacido o fillo ou filla, e igualmente no caso de solicitudes para nenos/as en situación de garda con fins adoptivos non pode volver solicitarse esta no momento de constituírse a adopción.
Con carácter xeral, a contía total da axuda é de 1.200 € por cada fillo ou filla durante un ano a razón de 100 €/mes. No suposto de que o fillo ou filla que dá dereito á axuda sexa o terceiro/a ou sucesivo/a da unidade familiar a contía da axuda será de 2.400 € a razón de 200 €/mes. Esta axuda farase efectiva do seguinte xeito:
a) Ano 2024: un único pagamento coa contía que corresponda en función do mes de nacemento ou, de ser o caso, do ditado da resolución de adopción, de garda con fins adoptivos ou de acollemento familiar permanente dun o máis menores de ata tres anos de idade ou da data de presentación da solicitude no suposto de que esta fose presentada durante o embarazo e ata o mes de decembro, incluído.
b) Ano 2025: un único pagamento coa contía que corresponda desde xaneiro e ata o mes anterior ao que o neno ou nena faga un ano ou ata o mes anterior a que se cumpra un ano do ditado da correspondente resolución para os supostos de adopción, de garda con fins adoptivos ou de acollemento familiar permanente dun o máis menores de ata tres anos de idade ou ata o mes anterior a que se cumpra un ano da presentación da solicitude no suposto de que esta fose presentada durante o embarazo.
2. Aquelas familias con renda igual ou inferior a 22.000 € terán dereito a unha axuda complementaria no segundo ano de vida e ata que o neno ou nena faga tres anos, ou ata que se cumpran tres anos do ditado da correspondente resolución para os supostos de adopción, garda con fins adoptivos ou de acollemento familiar permanente dun o máis menores de ata tres anos de idade nas seguintes contías:
a) 600 €/ano, a razón de 50 €/mes, se o/a fillo/a que dá dereito á axuda é o primeiro.
b) 1.200 €/ano, a razón de 100 €/mes, se o/a fillo/a que dá dereito á axuda é o segundo.
c) 2.400 €/ano a razón de 200 €/mes, se o/a fillo/a que dá dereito á axuda é o terceiro ou sucesivos.
Estas contías faranse efectivas en pagamentos anuais sucesivos co importe que corresponda ata o mes de decembro do exercicio en curso en función do mes de nacemento, ou da data de resolución de adopción, de garda con fins adoptivos ou de acollemento familiar permanente dun o máis menores de ata tres anos de idade polo que se concedeu a axuda ou da presentación da solicitude no suposto de que esta fose presentada durante o embarazo.
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produce o nacemento ou se dite a resolución administrativa ou xudicial para os supostos de adopción, garda con fins adoptivos ou acollemento familiar permanente. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día do nacemento ou do día no que se ditou a resolución de adopción, de garda con fins adoptivos ou de acollemento familiar permanente.
No suposto de muller xestante, en calquera momento do ano 2024 sempre que supere as 21 semanas de xestación.
No suposto de que a persoa solicitante sexa emigrante retornada a Galicia en 2024 e sempre que o fillo ou filla nacera no dito ano 2024, o prazo será de tres meses que se contarán a partir do día seguinte a aquel que conste na documentación que acredite fidedignamente a data de retorno a España. Así mesmo, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal da data que figure na dita documentación acreditativa.
Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao seguinte día hábil e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Información completa: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240111/AnuncioG0657-271223-0008_gl.html
ACCESO DIRECTO AO TRÁMITE: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS403B&ano=2024&numpub=1&lang=gl
Se tes algunha dúbida, no caso de persoas empadroadas no Concello da Estrada podes dirixirte ao departamento de Servizos Sociais de maneira presencial ou chamando ao teléfono 986 677 691 ou 986 677 696 en horario de 9.00 a 14.00 horas