XUNTA DE GALICIA CONVOCA OS PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

ORDE do 19 de abril de 2024 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24 (código de procedemento ED311A).

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e convocar na Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, os premios extraordinarios de bacharelato (código de procedemento ED311A) correspondentes ao curso 2023/24 para o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato neste curso nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia en calquera das modalidades establecidas no artigo 9 do Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 183, do 26 de setembro).

Poderanse conceder ata un máximo de 20 premios extraordinarios. 

A dotación para os premios será de 20.000 € con cargo á aplicación orzamentaria 10.06.423A.480.1 da Consellería que convoca, dos orzamentos do ano 2024, que se distribuirán entre as persoas premiadas na mesma contía, e que non poderá exceder os 1.000 € por premio

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 29 de abril de 2024 e rematará o día 28 de maio de 2024.

chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240426/AnuncioG0761-190424-0004_gl.pdf