XUNTA DE GALICIA CONVOCA O PROGRAMA DO BONO ALUGUEIRO SOCIAL DESTINADO AO ALUGAMENTO DE VIVENDAS PARA AS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

Instituto Galego da Vivenda e Solo
RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2021 pola que se convocan, para o ano 2021, con financiamento plurianual, as subvencións do Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero con financiamento do pacto de Estado contra a violencia de xénero (códigos de procedemento VI482C e VI482D).

Poderán ser beneficiarias da concesión inicial deste programa as seguintes unidades de convivencia:
a) As das mulleres vítimas de violencia de xénero nunha relación de convivencia e de dependencia económica do seu agresor ou, no caso de mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual, de dependencia da persoa que mantivese sobre ela unha relación de dominación.
Terán tamén esa consideración as mulleres que padecesen violencia vicaria ou violencia por interpósita persoa, con resultado de morte.
b) As das fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, calquera que sexa a natureza da súa filiación, que se encontrasen nunha situación de dependencia económica da nai ou do agresor no momento do falecemento da vítima.

O prazo para a presentación de solicitudes desta convocatoria comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e terminará o día 10 de decembro de 2021 e, en todo caso, co esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210316/AnuncioC3Q2-040321-0001_gl.pdf