PROGRAMA DE MODERNIZACIÓN DE EMPRESAS PRIVADAS (AUTÓNOMOS/AS E PEMES) DE TRANSPORTE DE VIAXEIROS/AS E MERCADORÍAS POR ESTRADA

Programa de modernización de empresas privadas (autónomos/as e pemes) de transporte de viaxeiros e mercadorías por estrada

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible aprobou o 25 de outubro de 2022 a transferencia de 110 millóns de euros dos fondos europeos de recuperación ás comunidades e cidades autónomas para impulsar a modernización de empresas privadas (autónomos e pemes) do sector do transporte de viaxeiros e de mercadorías por estrada.

O programa forma parte do investimento 4 do compoñente 6 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), "Mobilidade sostible, segura e conectada” (Programa de subvencións a empresas para o apoio dun transporte sostible e dixital). En concreto, trátase dunha das dúas accións, dotadas de 220 millóns de euros en total, en que se divide a liña de actuación 6 (‘Dixitalización do transporte’), medida 15: “Convocatorias, por parte das comunidades autónomas e das cidades de Ceuta e Melilla, de axudas para a dixitalización de empresas de transporte de viaxeiros e de mercadorías por estrada”.

Tes ata o 30 de xuño para solicitar as axudas do Plan de Recuperación para dixitalizar e modernizar o transporte por estrada.

Información para GALICIA: chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://cdn.mitma.gob.es/portal-web-drupal/mapa-modenizacion-empresas-privadas/03.galicia_anunciog0533-190423-0001_gl.pdf

Información XERAL: https://www.transportes.gob.es/ministerio/proyectos-singulares/prtr/transporte/programa-de-modernizacion-de-empresas-privadas-pymes-de-transporte-de-viajeros-y-mercancias-por-carretera

Acceso directo á solicitude: https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/recursos/axudas-subvencions?content=axuda_0013.html