XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA A POSTA EN MARCHA DE CASAS DO MAIOR

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE

ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior, para os anos 2024 e 2025, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS212A).

As subvencións destinaranse á consecución da seguinte finalidade: A posta en marcha de casas do maior destinadas á atención de mulleres e homes maiores de 60 anos de idade, en situación de dependencia grao I, e para persoas maiores de 60 anos sen dependencia, como recurso de promoción da autonomía persoal, mediante o seu establecemento nos concellos de menos de 5.600 habitantes da Comunidade Autónoma de Galicia que non conten con recurso de atención diúrna en funcionamento. Para os efectos desta orde considérase que no concello existen recursos de atención diúrna cando, de acordo cos datos que figuran no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais adscrito á Consellería de Política Social e Igualdade, conten con centros de día ou centros de día de alzhéimer con permiso de actividades.

Persoas beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias das axudas da presente convocatoria as persoas físicas que se establezan como empresarias autónomas ou que constitúan cooperativas de traballo asociado, como promotoras da posta en marcha dunha casa do maior, que reúnan os seguintes requisitos:

a) Estar en posesión ou contar, polo menos, cunha persoa socia que o estea, no caso de cooperativas de traballo asociado, de calquera das titulacións que se recollen a seguir, ou equivalentes, ou da formación ou experiencia seguinte:  1º. Grao en Medicina. 2º. Grao en Enfermaría. 3º. Título de Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermaría establecido polo Real decreto 546/1995, do 7 de abril, polo que se establece o título de Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermaría e as correspondentes ensinanzas mínimas, ou os títulos equivalentes de Técnico Auxiliar de Clínica, Técnico Auxiliar de Psiquiatría e Técnico Auxiliar de Enfermaría, que se establecen no Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, ou, se é o caso, calquera outro título que se publique cos mesmos efectos profesionais. ou o título equivalente de Técnico de Atención Sociosanitaria, ou, se é o caso, calquera outro título que se publique cos mesmos efectos profesionais. 5º. Título de Técnico Superior en Integración Social, establecido polo Real decreto 1074/2012, do 13 de xullo, polo que se establece o título de Técnico Superior en Integración Social e se fixan a súas ensinanzas mínimas, ou o título equivalente para aqueles profesionais que na data de publicación desta convocatoria estean traballando na categoría profesional de asistente persoal ou auxiliar de axuda a domicilio. 6º. O certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, regulado polo Real decreto 1379/2008, do 1 de agosto, polo que se establecen dous certificados de profesionalidade da familia profesional Servizos socioculturais e á comunidade que se engaden no Repertorio nacional de certificados de profesionalidade, ou, se é o caso, calquera outro certificado que se publique cos mesmos efectos profesionais. 7º. O Certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio, regulado polo Real decreto 1379/2008, do 1 de agosto, ou o equivalente Certificado de profesionalidade da ocupación de auxiliar de axuda a domicilio, ou, se é o caso, calquera outro certificado que se publique cos mesmos efectos profesionais. 8º. Diploma que acredite a realización de cursos de formación integral e/ou complementaria para futuros profesionais da casa do maior. O curso terá unha duración de 30 horas e será impartido pola Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria.  9º. Habilitación para profesionais pertencentes ás categorías de persoal coidador, xerocultor, auxiliar de axuda no fogar e asistente/a persoal nos centros e servizos sociais do Sistema para a autonomía e atención á dependencia, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, regulada pola Orde do 19 de novembro de 2018 pola que se regula o procedemento de obtención das habilitacións para profesionais pertencentes ás categorías de persoal coidador, xerocultor, auxiliar de axuda no fogar e asistente/a persoal nos centros e servizos sociais do Sistema para a autonomía e atención á dependencia, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento BS800A).

b) Residir en concellos con menos de 5.600 habitantes que non dispoñan de recursos de atención diúrna a persoas maiores, nos cales se promova o establecemento da casa do maior, ou telo feito nos cinco anos anteriores á posta en marcha do proxecto.

c) Contar cun inmoble en condicións de accesibilidade nunha das poboacións mencionadas na letra anterior, ou dispoñer del con anterioridade á posta en marcha da casa do maior, nos termos establecidos na orde.

d) Acreditar unha revisión médica anual da persoa promotora ou da/das persoa/s socia/s que desenvolvan o proxecto, no caso de cooperativa de traballo asociado. No caso de cooperativas de traballo asociado, esta revisión médica deberá estar referida á/ás persoa/s socia/s que desenvolvan o proxecto.

e) Dispoñer dun certificado de manipulador de alimentos. No caso de cooperativas de traballo asociado, este certificado deberá estar referido á/ás persoa/s socia/s que desenvolvan o proxecto.

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes

chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240523/AnuncioG0762-080524-0001_gl.pdf