XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS A ESTABLECEMENTOS E SERVIZOS TURÍSTICOS NOS PROCESOS DE CERTIFICACIÓN, SEGUIMENTO E RENOVACIÓN DAS CORRESPONDENTES NORMAS UNE, CO OBXECTO DA OBTENCIÓN OU MANTEMENTO DA MARCA Q DE CALIDADE

AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a establecementos e servizos turísticos de xestión pública e/ ou privada, nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE, co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística e/ou a marca S de Sustentabilidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española e a Sustentabilidade (ICTES), e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TU970A).

Poderán ser persoas beneficiarias destas subvencións:

Categoría 1ª: os concellos e as súas entidades instrumentais que xestionen os servizos públicos de competencia local, recollidas no artigo 85.2.A da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Categoría 2ª: as persoas físicas ou xurídicas privadas titulares de establecementos ou servizos turísticos. 

As persoas solicitantes da categoría 2ª deberán reunir os requisitos establecidos nestas bases e ter inscrita a actividade turística para a cal se solicita a axuda no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), de conformidade cos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

3. No caso de empresas, deben estar comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (peme). Defínese peme, segundo a Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DO L 124, do 20 de maio), en función dos seus efectivos e do seu volume de negocio e do seu balance anual. Así, pequena empresa é aquela empresa que ocupa menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros; mediana empresa é unha empresa que ocupa menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance anual non excede os 43 millóns de euros.

4. No caso de entidades baixo unha mesma franquía, só poderá solicitar a axuda para os custos de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación a entidade matriz. As axudas para os custos derivados dos dereitos de uso da marca Q deberán ser solicitados por cada unha das entidades (matriz e sucursais con distinto NIF) individualmente.

5. Unha vez ditada a resolución de concesión, os cambios na persoa titular do establecemento subvencionado terán que ser previamente comunicados á Administración outorgante, e darán lugar á modificación da resolución de concesión nos termos do disposto no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o/a novo/a titular subrogarase na posición xurídica da persoa beneficiaria da subvención.

6. Non poderán obter a condición de beneficiarias aquelas persoas ou entidades nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estaren as ditas persoas incursas nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable da persoa ou entidade interesada, empregando o modelo que figura no anexo II.

7. Os requisitos para ser persoa ou entidade beneficiaria deberán cumprirse na data de f inalización do prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240607/AnuncioG0256-240524-0001_gl.pdf