XUNTA DE GALICIA CONVOCA OS PREMIOS DE ARTESANIA DE GALICIA

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se acorda publicar as bases reguladoras dos premios de Artesanía de Galicia e a súa convocatoria para o ano 2024 (códico de procedemento IN200A).

Os premios de Artesanía de Galicia constan das seguintes modalidades:

a) Premio Artesanía de Galicia 2024.

b) Premio Traxectoria 2024.

c) Premio Bolsas Eloy Gesto 2024.

A dotación dos premios será a seguinte:

– Premio Artesanía de Galicia 2024. Dotación de 9.000 € e trofeo acreditativo. A persoa gañadora cederalle á Fundación Pública Artesanía de Galicia a propiedade da obra premiada. No caso de que as características físicas ou de propiedade do produto gañador impidan a súa cesión débese substituír por documentación gráfica ou visual deste.– Premio Traxectoria 2024. Trofeo acreditativo e sen dotación económica

– Premio Bolsas Eloy Gesto 2024. Bolsa de formación de 4.000 € e diploma acreditativo para cada unha das persoas gañadoras. As persoas gañadoras deste premio deberán entregarlle á Fundación Pública Artesanía de Galicia unha memoria descritiva e xustificativa dos gastos realizados unha vez completada a formación pola cal lles foi concedida a bolsa.

Os premios estarán suxeitos ás retencións vixentes na data de concesión destes.

O prazo de presentación de candidaturas iníciase a partir das 8.00 horas do 16 de setembro de 2024 e remata ás 14.30 horas do 27 de setembro de 2024.

chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240701/AnuncioG0767-200624-0002_gl.pdf