CONVOCANSE EN GALICIA AS AXUDAS PARA A EXECUCIÓN DE DIVERSAS ACTUACIÓNS DE MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS DE TELECOMUNICACIÓNS EN EDIFICIOS (FONDOS EUROPEOS)

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de diversas actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios, no marco do investimento C15.I4 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o período 2024 (código de procedemento AP400C).

Os proxectos presentados deberán dar cumprimento ao especificado no artigo 4 das bases reguladoras. En concreto, as subvencións destinaranse a cubrir investimentos e gastos directamente relacionados para desenvolver as seguintes actuacións:

a) Liña de actuación 1: infraestrutura de telecomunicacións adaptada para radiodifusión sonora, televisión dixital e banda larga ultrarrápida (instalación completa), tal e como se describen no artigo 4.1.a) das bases reguladoras.

b) Liña de actuación 2: infraestrutura de telecomunicacións adaptada para radiodifusión sonora, televisión dixital e banda larga ultrarrápida (instalación parcial), tal e como se describen no artigo 4.1.b) das bases reguladoras.

c) Liña de actuación 3: infraestrutura de telecomunicacións adaptada, exclusivamente, para banda larga ultrarrápida, tal e como se describen no artigo 4.1.c) das bases reguladoras.

IMPORTE DA SUBVENCIÓN:

a) Liña de actuación 1: importe máximo de subvención de 680,00 € por unidade inmobiliaria, ata un máximo por proxecto de 23.800,00 €.

b) Liña de actuación 2: importe máximo de subvención de 600,00 € por unidade inmobiliaria, ata un máximo por proxecto de 21.000,00 €.

c) Liña de actuación 3: importe máximo de subvención de 485,00 € por unidade inmobiliaria, ata un máximo por proxecto de 16.975,00 €.

A intensidade máxima destas subvencións será do cen por cento (100 %) do custo elixible do proxecto.

O prazo para a presentación das solicitudes de subvención iniciarase o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e durará ata o 16 de setembro de 2024, incluído. Este prazo poderá ser ampliado no caso da existencia de crédito dispoñible, ou ben no caso de xerar, ampliar ou incorporar crédito, ou coa existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240807/AnuncioG0177-290724-0001_gl.pdf