Se es BENEFICIARIO/A dunha das axudas do PLAN ESTATAL DO ALUGUEIRO que xestiona a Xunta de Galicia, tes que SOLICITAR A SÚA RENOVACIÓN.
Para saber se aínda te podes acoller á renovación debes comprobar no teu expediente de resolución de axuda por canto tempo che concederon a mesma (pode ser ata por 5 anos).
En caso de ter dereito, tes que iniciar un novo procemento para desfrutar da axuda no 2025:
1) Diríxite a sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/portada
2) Introduce o código de procedemento: VI483B ou preme na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI483B&ano=2023&numpub=1&lang=gl
3) Tes dúas opcións:
a) Presentala en LIÑA: neste caso precisas ter algún medio de identificación telemático
b) Presentala en PAPEL: neste caso debes cumprimentar os formularios, imprimilos e presentalos nunha oficina de rexistro.
3) DOCUMENTACIÓN A ANEXAR:
a) No caso das unidades de convivencia nas que convivan máis dunha persoa, debes cumprimentar o ANEXO II debidamente asinado por todas as persoas que forman parte da mesma (inclusive os menores de idade)
b) VOANTE DE EMPADROAMENTO FAMILIAR
c) DECACLARACIÓN DA PERSOA ARRENDADORA CONFORME A PERSOA ARRENDATARIA NON TEN NINGUNHA RECLAMACIÓN PENDENTE POR FALTA DE PAGAMENTO DAS RENDAS E/OU DAS SUBMINISTRACIÓNS
d) DECLARACIÓN DE AMBALAS DÚAS PARTES (ARRENDATARIA E ARRENDADORA) CONFORME O CONTRATO SE PRORROGARÁ NAS MESMAS CONDICIÓNS, DE SER O CASO.
e) No caso de que a persoa beneficiaria da axuda NON PRESENTASE A DECLARACIÓN DO IRPF NO EXERCICIO ANTERIOS, debe achegar XUSTIFICANTE DOS INGRESOS QUE TEN (certificado de prestacións ou pensións..., contrato de traballo, xustificante de ingresos etc).
Tes toda a INFORMACIÓN aquí: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI483B&ano=2023&numpub=1&lang=gl
Se precisas axuda desde o departamento de emprego do Concello da Estrada botámosche unha man; podes chamarnos ao teléfono 986 677 740 en horario de 9.00 a 14.00 horas ou pasarte directamente polas nosas oficinas sen necesidade de cita previa (1º andar).
MOI IMPORTANTE: Só tes de PRAZO ata o 31 DE MARZO, en caso de que non fagas a renovación dentro do mesmo, perderás o dereito ao cobro da mesma.