INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2024 pola que se da publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a startups para o ano 2025 e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408G).
Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as startups galegas ou cun centro de traballo en Galicia. Consideraranse startups, de acordo coa definición contida no artigo 3 da Lei 28/2022, do 21 de decembro, de fomento do ecosistema das empresas emerxentes, toda persoa xurídica, incluídas as empresas de base tecnolóxica creadas ao amparo da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, que reúna simultaneamente as seguintes condicións:
a) Ser de nova creación ou, non sendo de nova creación, cando non transcorresen máis de cinco anos desde a data de inscrición no Rexistro Mercantil, ou Rexistro de Cooperativas competente, da escritura pública de constitución, con carácter xeral, ou de sete no caso de empresas de biotecnoloxía, enerxía, industriais e outros sectores estratéxicos ou que desenvolvesen tecnoloxía propia, deseñada integramente en España, que se determinarán a través da orde á que fai referencia o artigo 4.1.
b) Non xurdir dunha operación de fusión, escisión ou transformación de empresas que non teñan consideración de empresas emerxentes. Os termos concentración ou segregación considéranse incluídos nas anteriores operacións.
c) Non distribuír nin ter distribuído dividendos, ou retornos no caso de cooperativas.
d) Non cotizar nun mercado regulado
e) Ter a súa sede social, domicilio social ou establecemento permanente en España.
f) Ter ao 60 % do persoal cun contrato laboral en España. Nas cooperativas computaranse dentro do persoal, para os únicos efectos da citada porcentaxe, os socios traballadores e os socios de traballo, cuxa relación sexa de natureza societaria.
g) Desenvolver un proxecto de emprendemento innovador que conte cun modelo de negocio escalable, segundo o previsto no artigo 4.
Poderá ser subvencionables calquera gasto ou investimento nos que incorra a startup desde o 1 de xaneiro de 2025 ata a data da solicitude de axuda, que estean vinculados coa actividade da startup en Galicia.
O importe mínimo subvencionable deberá acadar 10.000 €.
Concederase unha axuda do 100 % ata un máximo de 20.000 € para os gastos e investimentos realizados (facturados e pagados) pola startup durante o período subvencionable.
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará a computar 5 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia ás 9.00 horas e rematará o 30 de setembro de 2025 ás 14.00 horas, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250113/AnuncioO92-101224-0005_gl.pdf