CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN
ORDE do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de axuda ás persoas traballadoras autónomas, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021- 2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento TR341D)
Programa I: Promoción do Emprego Autónomo das persoas traballadoras autónomas (TR341D).
A finalidade deste programa é a concesión de 2 liñas de axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo e mantemento da súa actividade laboral.
Ao abeiro deste Programa subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional e os gastos de mantemento da actividade, que, cumprindo os requisitos e condicións establecidas nela, se formalicen desde o 30 de setembro de 2024 ata o 30 de setembro de 2025, ambas inclusive.
Establécense 2 liñas de axudas:
a) Liña 1: unha axuda para o inicio da actividade económica e mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma, cun importe de 19.356.500 €.
b) Liña 2: unha axuda para sufragar os gastos do mantemento da actividade por conta propia, equivalente a 12 meses da contía da cota reducida regulada no apartado 1 do artigo 38 ter da Lei 20/2007, de 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, cun importe de 9.600.000 €.
Persoas beneficiarias e requisitos
1. Serán beneficiarias aquelas persoas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 7 desta orde e que causen alta definitiva no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, entre 1 de outubro de 2024 e o 30 de setembro de 2025, ambas inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, sempre que cumpran as seguintes condicións: 1.1. Para a liña 1:
a) Estar inscrita como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego, no momento da alta en vida laboral como persoa autónoma ou, no caso de mutualistas, mediante certificado da mutua correspondente, carecendo de ocupación efectiva segundo o disposto artigo 5.1.
b) Ser titular ou cotitular do negocio ou explotación e ter iniciada a actividade laboral con anterioridade á presentación da solicitude da subvención, e non ter ningunha alta inicial anterior como persoa traballadora autónoma nos cinco (5) anos inmediatamente anteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG, salvo que dita alta houbera sido como persoa autónoma colaboradora.
c) Atoparse de alta no Imposto de Actividades Económicas.
d) Desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia (segundo a alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria, modelo 036 ou 037). e) Ter o domicilio fiscal en Galicia con anterioridade á solicitude da axuda.
Para a liña 2:
a) Ser persoa autónoma beneficiaria da cota reducida regulada no apartado 1 do artigo 38 ter da Lei 20/2007, de 11 de xullo no momento de presentación da solicitude.
b) Estar inscrita como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego, no momento da alta en vida laboral como persoa autónoma ou, no caso de mutualistas, mediante certificado da mutua, carecendo de ocupación efectiva segundo o disposto no artigo 5.1.
c) Ter iniciada a actividade, segundo a definición do artigo 5.3), con anterioridade á presentación da solicitude da subvención.
d) Atoparse de alta no Imposto de Actividades Económicas.
e) Desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia (segundo a alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria, modelo 036 ou 037).
f) Ter o domicilio fiscal en Galicia con anterioridade á solicitude da axuda.
g) No suposto de persoas socias de sociedades mercantís, sociedades laborais, cooperativas de traballo asociado e administradores das mesmas, estas deberán ser de nova creación, isto é aquelas que inicien a actividade empresarial desde o 30 de setembro de 2024, segundo a data que figure no Imposto de actividades económicas ou, no seu caso, na data de alta no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal da Administración Tributaria.
As 2 liñas de axuda establecidas neste capítulo son compatibles entre si, e o seu obxecto é o de axudar ás persoas desempregadas ao inicio e ao mantemento do seu emprego como persoas traballadoras autónomas e deste xeito facilitarlle ingresos durante o inicio da súa actividade laboral.
ACCESO AO TRÁMITE: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR341D&ano=2025&numpub=1&lang=gl
APERTURA DE PRAZO: 24 DE XANEIRO
ORDE DA CONVOCATORIA: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250117/AnuncioG0767-271224-0013_gl.html