CONVOCATORIA BONO NOVA OPORTUNIDADE DAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS (TR790A)

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

ORDE do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de axuda ás persoas traballadoras autónomas, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021- 2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento  TR790A)

Programa II. Bono nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas (TR790A)

A finalidade deste Programa é a concesión de axudas dirixidas ás persoas autónomas que cesaron na súa actividade e van volver emprender un negocio como autónomas e son demandantes de emprego no momento previo a nova alta como persoa traballadora autónoma.

Requisitos :

a) Ter causado alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, no período do 31 de outubro de 2024 ao 30 de setembro de 2025, e atoparse de alta no momento da solicitude.

b) Ter unha alta inicial no RETA, en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou mutualidade, antes desta nova alta, dentro dos últimos 5 anos desde a data da publicación desta orde.

c) Ter cotizado anteriormente a esta nova alta, polo menos durante 3 meses ininterrompidos na súa vida laboral no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional).

d) Estar inscrita como persoa demandante de emprego nos servizos públicos de emprego con carácter previo a nova alta, e carecer de ocupación efectiva, non ter contrato laboral en vigor e atoparse en tal situación na data inmediatamente anterior á de inicio da actividade laboral, mantendo a alta no RETA, en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou na mutualidade correspondente, no momento da tramitación, e durante un tempo mínimo de vinte e catro (24) meses desde a nova alta.

e) Transcorrer un período mínimo de seis (6) meses entre a nova alta como persoa traballadora autónoma no RETA, en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou na mutualidade correspondente, e a anterior baixa no RETA, en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou na mutualidade correspondente.

f) Ter o domicilio fiscal en Galicia, con anterioridade a nova alta como persoa traballadora autónoma, e desenvolver a súa nova actividade económica ou profesional en Galicia.

g) Ter iniciada a actividade con anterioridade á presentación da solicitude de subvención.

h) Ter dado a baixa no Imposto de Actividades Económicas da actividade precedente.

A axuda do bono nova oportunidade será dunha contía única de 7.500 €, dirixida ás persoas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 33, contía que se incrementará en 500 € no caso de que a beneficiaria sexa unha muller.

Acceso á orde da convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250117/AnuncioG0767-271224-0013_gl.html

Acceso ao procedemento: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR790A&ano=2025&numpub=1&lang=gl

APERTURA DE PRAZO: 24 DE XANEIRO