XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS DE INDEMNIZACIÓN ECONÓMICA DIRIXIDAS ÁS FILLAS E FILLOS MENORES DE 30 ANOS DAS VÍTIMAS MORTAIS DE VIOLENCIA DE XÉNERO ASÍ COMO A MULLERES QUE RESULTASEN GRAVEMENTE FERIDAS COMO CONSECUENCIA DUNHA AGRESIÓN POR VIOLENCIA DE X

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE

ORDE do 3 de xaneiro de 2025 pola que se regulan as bases para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas de indemnización económica dirixidas ás fillas e aos fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, así como a mulleres que resultasen gravemente feridas como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento SI460A)

As axudas a que se refire esta orde fan referencia ás seguintes modalidades:

a) Axudas de indemnización económica dirixidas ás fillas e aos fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero.

b) Axudas de indemnización dirixidas ás mulleres que resultasen gravemente feridas, con lesións que requiran hospitalización, como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero.

c) Axudas para gastos de traslado, funeral, inhumación e/ou incineración das mulleres e/ou dos seus fillos e fillas vítimas mortais por violencia de xénero.

O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 1 de decembro de 2025.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250122/AnuncioG0762-070125-0001_gl.pdf