CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN
ORDE do 26 de decembro de 2024 pola que se modifica parcialmente a Orde do 13 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2023-2025 e se procede á primeira convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva para o financiamento de accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, para o exercicio 2023, e se efectúa a terceira convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva para o financiamento de accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, para o exercicio 2025 (código de procedemento TR301P).
Enténdese por unidade formativa da empresa a formación con compromiso de contratación impartida con medios propios da beneficiaria, ou a través dunha entidade contratada nos termos desta orde, que teña por obxecto a realización das accións formativas solicitadas e relacionadas coa súa actividade empresarial.
As subvencións que se concedan ao abeiro do disposto nesta orde terán como finalidade o financiamento de programas de formación con compromiso de contratación destinados á cualificación profesional das persoas traballadoras desempregadas, e estarán dirixidos á adquisición e mellora das competencias profesionais necesarias para o desempeño dos postos de traballo obxecto da contratación.
Poderán ser entidades beneficiarias as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, e as agrupacións temporais de empresas que presenten solicitude conxunta, mediante un convenio que acredite a correspondente agrupación, que adquiran, no marco da actividade subvencionada, o compromiso de contratación das persoas traballadoras aprobadas e/ou formadas ao que se refire esta orde.
Cada acción formativa incluirá un compromiso de contratación, regulado e formalizado de acordo co disposto no artigo 5 da Orde de bases do 13 de xuño de 2023, dun mínimo do 60 % do alumnado aprobado e/ou formado en contratos cunha duración mínima de 6 meses, ou dun mínimo do 40 % se a contratación é por un período igual ou superior aos 12 meses, arredondado, en ambos os casos, ao enteiro superior se a primeira cifra decimal é igual ou superior a 5.
Persoas destinatarias da formación
As accións formativas obxecto de financiamento dirixiranse ás persoas traballadoras desempregadas.
O prazo de presentación estará aberto desde o día da entrada en vigor da orde ata o 30 de setembro de 2025 ou, de ser o caso, ata que se esgote o crédito orzamentario dispoñible.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250124/AnuncioG0767-020125-0017_gl.pdf