PRAZO DE SOLICITUDE: Do luns 27 de maio ao venres 7 DE XUÑO de 2024 (ámbolos dous inclusive)
Empresas beneficiarias
Poderán acollerse a estas axudas o empresariado individual e as pequenas e medianas empresas (pemes), independentemente da súa forma xurídica, que iniciasen a súa actividade empresarial entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2023 (enténdese por inicio da actividade a alta no imposto de actividades económicas -IAE-).
Requisitos xerais que deben cumprir as empresas beneficiarias
1. Que a empresa teña o seu domicilio fiscal e social na Estrada.
2. Que a empresa sexa viable técnica, económica e financeiramente.
3. Que sexa unha empresa de nova creación dentro dos tres sectores
produtivos. Considéranse incluídos neste concepto os traspasos de negocios que non teñan vinculación familiar.
4. Que nin a empresa nin ningunha das súas persoas socias teñan débedas coa Seguridade Social, coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) nin co Concello da Estrada.
5. Non poderán obter a condición de beneficiarias o empresariado e as pemes que concorran nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10, apartados 2 e 3, da Lei 9/2007, d o 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no artigo 13 da Lei 38/2003 , do 17 de novembro, xera l de subvencións.
Tipo, contías das axudas e gastos subvencionables
As axudas son a fondo perdido e a súa finalidade é subvencionar parte dos gastos da posta en marcha e do funcionamento da empresa.
O importe máximo destas axudas é de 2.000 € por empresa/autónomo e a axuda non poderá superar a contía total do investimento inicial realizado polas persoas promotoras.
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
ANUNCIO BOP: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2024/05/24/2024033518
ANEXOS SOLICITUDE:
OBTENCIÓN CERTIFICADOS DÉBEDAS SEN NECESIDADE DE MEDIOS DE IDENTIFICACIÓN TELEMÁTICA:
- SEGURIDADE SOCIAL: https://sp.seg-social.es/PGIS/Login
- AEAT: Precisarás estar rexistrado/a en cl@ve mobil: https://www2.agenciatributaria.gob.es/wlpl/BUCV-JDIT/AutenticaDniNieContrasteh?ref=%2Fwlpl%2FBUCV-JDIT%2FPasarelaC31h&fbclid=IwZXh0bgNhZW0CMTAAAR2sIkFm97b4qahcgWx9r9MDOgRlYZ9nXA2yIB9k9CdqOANv16-7e8wcdM4_aem_AUgFusWeHgiDvgxUAmOOUTlizWcVQpaewPSuC1Hls0X-av5LIKoWKVyoalemkZGnF9TsvX91Ia3yw4aRZG7camLY
- FACENDA GALEGA: Precirás ter a CHAVE 365: https://ovt.atriga.gal/#!/categoria/?Cidad%c3%a1ns/11609730/4127328
PARA TRAMITAR A AXUDA TELEMÁTICAMENTE: Debes entrar na SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO DA ESTRADA: https://aestrada.sedelectronica.gal/info.0
1) PREMER EN INSTANCIA XERAL: https://aestrada.sedelectronica.gal/?x=S*98nBOV1hIgHqOFYFiOjIbOnmdwnUZ*t7*IGXcJatfYB7J3xj1z-ehX6W4S4GN02DRdBqyB9aZr*cQPJEz-vyKvAFLsjqwbetUabi8VzA8qx7y3gVvDzZ5NylWhSCjQ8zFLAFDTR81wlMafGmLPykJt3NwtGHDWsUHsP*ujmMpd7HfO862JErq8YoVB9lcvErH2etlJgaRaYdsI3ou4PA
2) TRAMITACIÓN ELECTRÓNICA: https://aestrada.sedelectronica.gal/?x=S*98nBOV1hIgHqOFYFiOjIbOnmdwnUZ*t7*IGXcJatfYB7J3xj1z-S4kBivDAzG8i99yVzlIHLFweVzXqz7jc0ccCZTy7P6US*vQJGUa1DR3bqR3DvcE49MbO5ZHq2mHag7r2X5qzdQ
3) CUBRES TODOS OS DATOS E ADXUNTAS OS ANEXOS E DEMAIS DOCUMENTACIÓN SOLICITADA NAS BASES.
RECOMÉNDASE O USO DE GOOGLE CHROME.
Se tes calquera dúbida podes contactar co departamento de emprego do Concello da Estrada, chamándonos ao teléfono 986 677 740 po pasándote directamente polas nosas oficinas sen necesidade de cita previa en horario de 9.00 a 14.00 horas.