XUNTA DE GALICIA FIXA AS DATAS DA REALIZACIÓN DAS PROBAS PARA A OBTENCION DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, NIVEIS CELGA 2, 3 E 4

25. 10. 24

CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, que foron convocadas mediante a Resolución do 1 de setembro de 2025 (código de procedemento PL500C).

Celga 4, en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid:

• 15 de novembro de 2025, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: F, G, H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P e Q.

• 16 de novembro de 2025, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: R, S, T, U, V, W, X, Y, Z, A, B, C, D e E.

Celga 3, en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid:

• 22 de novembro de 2025, para todas as persoas admitidas.

Celga 2, en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid:

• 23 de novembro de 2025, para todas as persoas admitidas.

chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251024/AnuncioG0766-171025-0003_gl.pdf