O Plan VEXO é un sistema de axudas de ata 100 euros por persoa ao ano para a adquisición de lentes ou lentes de contacto.
No caso das lentes de contacto, contémplase que a axuda poida cubrir as unidades e o líquido necesarios para un ano.
Se o custo do produto é inferior a esa cifra, a familia non terá que pagar nada.
Se o custo é superior, a familia deberá abonar a diferenza.
A axuda estará dispoñible ata o 31 de decembro de 2026, inclusive.
Persoas beneficiarias e requisitos
Nenos, nenas e adolescentes ata 16 anos (inclusive) cun problema de refracción diagnosticado e con dereito á atención sanitaria con cargo a fondos públicos.
As persoas con 16 anos ou menos con aseguramento privado a través das mutualidades de MUFACE, MUGEJU e ISFAS tamén poden acceder ás axudas do Plan Vexo.
Como solicitar a axuda
A solicitude da axuda realizarase unicamente de forma presencial nun establecemento de óptica participante no Plan Vexo, non é posible realizar a súa tramitación en liña por parte das persoas beneficiarias.
Existen dous procedementos diferentes para acceder á axuda en función da idade da persoa beneficiaria:
1) PERSOAS BENEFICIARIAS DE 5 ANOS DE IDADE OU MENOS:
Obter a prescrición do problema de refracción: Servizo de oftalmoloxía do Sistema Nacional de Saúde, tras derivación desde Atención Primaria. Servizo de oftalmoloxía do sistema sanitario privado.
Solicitar a axuda. Coa prescrición, acode a unha das ópticas participantes no Plan Vexo, selecciona o modelo de lentes ou lentes de contacto e solicita a axuda.
A óptica encargarase de tramitar a axuda co Ministerio de Sanidade, polo que nin a persoa beneficiaria nin a súa familia deberán realizar ningún trámite adicional.
Se o custo do produto é igual ou inferior a 100 €, non terás que pagar nada. Se o custo é superior a 100 €, só terás que abonar a diferenza na propia óptica.
Para este trámite, a persoa beneficiaria (persoa menor de idade) deberá acudir a unha óptica co seu pai, nai ou titor legal, que será a persoa responsable da solicitude.
Na óptica, necesitarase achegar o seguinte:
- Documento acreditativo do dereito á asistencia sanitaria con cargo a fondos públicos. Isto poderase acreditar mediante o código CIPA da tarxeta sanitaria ou do documento certificativo para recibir asistencia sanitaria expedido pola comunidade autónoma.
- Prescrición do problema de refracción.
- O número do DNI ou documento de identificación, en caso de dispoñer del, da persoa beneficiaria.
- O número do DNI ou documento de identidade do pai, nai ou titor. Documento acreditativo do dereito á asistencia sanitaria.
2) PERSOAS BENEFICIARIAS DE 6 ANOS DE IDADE OU MAIORES:
Obter a prescrición do problema de refracción. Neste caso, a prescrición do problema de refracción pode ser emitida por: Servizo de oftalmoloxía do Sistema Nacional de Saúde, tras derivación desde Atención Primaria. Servizo de oftalmoloxía do sistema sanitario privado. Polo propio profesional sanitario óptico-optometrista dun establecemento sanitario de óptica participante no Plan Vexo.
Este trámite pode facerse na mesma óptica e no mesmo momento de solicitar a axuda (paso 2).
Coa prescrición, acode a unha das ópticas participantes no Plan Vexo, selecciona o modelo de lentes ou lentes de contacto e solicita a axuda.
A óptica encargarase de tramitar a axuda co Ministerio de Sanidade, polo que nin a persoa beneficiaria nin a súa familia deberán realizar ningún trámite adicional.
Se o custo do produto é igual ou inferior a 100 €, non terás que pagar nada. Se o custo é superior a 100 €, só terás que abonar a diferenza na propia óptica.
Para este trámite, a persoa beneficiaria (persoa menor de idade) deberá acudir a unha óptica co seu pai, nai ou titor legal, que será a persoa responsable da solicitude.
Na óptica, necesitarase achegar o seguinte:
- Documento acreditativo do dereito á asistencia sanitaria con cargo a fondos públicos. Isto poderase acreditar mediante o código CIPA da tarxeta sanitaria ou do documento certificativo para recibir asistencia sanitaria expedido pola comunidade autónoma.
- Prescrición do problema de refracción.
- O número do DNI ou documento de identificación, en caso de dispoñer del, da persoa beneficiaria.
- O número do DNI ou documento de identidade do pai, nai ou titor. Documento acreditativo do dereito á asistencia sanitaria.
ÓPTICAS DA ESTRADA ADHERIDAS AO PLAN: https://planveo.cgcoo.es/buscador/
Toda a INFORMACIÓN: https://www.sanidad.gob.es/areas/carteraServicios/planVeo.htm
