Para poder cobrar a prestación contributiva por desemprego, é dicir o paro, é necesario cumprir dous requisitos fundamentais.
O primeiro deles é ter polo menos 360 días cotizados.
Estes días de cotización non teñen por que ser coa última empresa, contan todos os días cotizados nos últimos 6 anos. Claro esta, días que xa non se utilizaron para cobrar unha prestación.
Outro requisito crucial é que a baixa ten que ser involuntaria. Con isto queremos dicir que se te marchas do traballo de forma voluntaria non poderás solicitar prestación.
Tal e como indica o SEPE na súa web, o sistema de protección por desemprego protexe ás persoas traballadoras que queren e poden traballar, pero carecen de emprego.
De modo, que a prestación se pode solicitar por un despedimento, cesamento por non superar período de proba ou a finalización dun contrato.
Ademais de cumprir os requisitos, débese solicitar no prazo que establece a lei.
CAL É ESTE PRAZO?
Desde que a persoa traballadora cesa a súa actividade laboral, dispón de 15 días hábiles a partir do día seguinte. Para ser exactos, cóntanse 15 días hábiles desde que a empresa dá de baixa ao traballador na Seguridade Social.
Non só o/a traballador/a agora desempregado/a ten un prazo para solicitar o seu paro, a empresa tamén debe cumprir coas súas obrigacións co SEPE unha vez despide ao traballador/a. O/a empresario/a debe enviar nun prazo de dez días a partir do cesamento do/a traballador/a o certificado de empresa. Este documento contén os datos persoais e de cotización necesarios para acreditar a situación legal de desemprego da persoa traballadora.
Ademais, indica se a baixa foi voluntaria ou involuntaria por parte do/a traballador/a. Con este documento, o SEPE pode saber se a persoa traballadora ten dereito a prestación e permite calcular canto cobrará de paro, xa que nel indícanse cales foron as bases de cotización.
Lembra que antes de solicitar a prestación, debes inscribirte no paro.
No caso de Galicia tes que facelo nas oficinas de Emprego Galicia. Se xa estiveches en situación de desemprego algunha vez, podes facelo a través da súa sede virtual, se é a primeira vez, debes acudir presencialmente á oficina que che corresponda.
Ligazón EMPREGO GALICIA: https://emprego.xunta.gal/portal/es/
QUÉ PASA SE PRESENTO A SOLICITUDE FÓRA DE PRAZO?
Se por algún motivo non podes presentar a túa solicitude dentro do prazo establecido, non perderás a túa prestación. Pero si días que de cobranza, é dicir, por cada día de atraso o SEPE quitarache días de pago.
Esta situación pode darse sobre todo se ao solicitar cita previa, a data para acudir á oficina non está dentro deste prazo. É por iso, que a mellor opción é que realices a túa solicitude de paro de forma en liña.
QUE PRAZO TEN O SEPE PARA RESOLVER A SOLICITUDE?
En canto ao prazo que ten a administración para contestar á solicitude de prestación por desemprego e «sempre que non falte documentación», o SEPE deberá resolver no prazo dos 15 días seguintes á data en que se entregou e enviar a notificación no prazo de 10 días a partir da data en que ditase dita resolución.
QUÉ PASA SE A EMPRESA NON ENVIOU O CERTIFICADO?
Pode suceder que solicites a túa prestación aos poucos días de perder o emprego e a empresa aínda non enviase o certificado de empresa. Non pasa nada, poderás presentala, aínda que como indicamos no apartado anterior, o SEPE non poderá empezar a «examinar» a túa solicitude ata que teña este documento.