SUBSIDIOS E AXUDAS DO SEPE PARA PERSOAS EMIGRANTES RETORNADAS

22. 02. 18

SUBSIDIO PARA PERSOAS EMIGRANTES RETORNADAS

O Subsidio por desemprego é unha prestación asistencial e ten como obxecto complementar a protección por desemprego.

Poden solicitar este subsidio os españois e as españolas que traballasen no estranxeiro, excepto quen traballase nos países pertencentes ao Espazo Económico Europeo ou Suíza.

Requisitos:

- Ser persoa desempregada.
- Ser persoa traballadora española emigrante retornada de países non pertencentes á Unión Europea , Espazo Económico Europeo ou Suíza.
- Permanecer rexistrado ou rexistrada durante un mes como demandante de emprego.
- A inscrición deberá manterse durante todo o período de duración do subsidio.
- Subscribir o compromiso de actividade .
- Traballar como mínimo 12 meses no últimos seis anos desde a súa última saída de España, en países non pertencentes ao Espazo Económico Europeo ou Suíza.
- Non ter dereito á prestación contributiva por desemprego por cotizacións que tivese acumuladas nos seis anos anteriores á súa saída de España.
- Carecer de rendas, de calquera natureza, superiores ao 75 % do Salario Mínimo Interprofesional, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias. (Contías para este ano). - As rendas computaranse polo seu rendemento íntegro ou bruto. O rendemento que proceda de actividades empresariais, profesionais, agrícolas, gandeiras ou artísticas, computarase pola diferenza entre os ingresos e gastos necesarios para a súa obtención.
- As ganancias patrimoniais computaranse pola diferenza entre as ganancias e as perdas patrimoniais.
 
 
RENDA ACTIVA DE INSERCIÓN 
 
A RAI é unha axuda extraordinaria para persoas con gran dificultade para atopar traballo e en situación de necesidade económica; o colectivo de emigrantes retornados pode beneficiarse dela.
 
Requisitos:
 
- Ser persoa desempregada e estar inscrita como demandante de emprego e subscribir o compromiso de actividade .
- Ter 45 ou máis anos de idade e ser menor de 65 anos.
- Non ter dereito á prestación contributiva nin ao subsidio por desemprego.
- Non ter ingresos propios superiores ao 75 % do Salario Mínimo Interprofesional (SMI). (Contías para este ano) . As rendas computaranse polo seu rendemento íntegro ou bruto. O rendemento que proceda de actividades empresariais, profesionais, agrícolas, gandeiras ou artísticas, computarase pola diferenza entre os ingresos e gastos necesarios para a súa obtención. As ganancias patrimoniais computaranse pola diferenza entre as ganancias e as perdas patrimoniais. No seu caso, a suma dos ingresos mensuais obtidos por todos os membros da unidade familiar, (o cónxuxe e os fillos menores de 26 anos ou maiores con discapacidade ou menores acollidos), dividida polo número de membros que a compoñen non pode superar o 75 % do SMI, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.
- Non ser beneficiario/a da renda activa de inserción nos 365 días naturais anteriores á data de solicitude de admisión ao programa da renda activa de inserción, salvo no caso de vítimas de violencia de xénero ou violencia doméstica e persoas con discapacidade.
- Non ser beneficiario/a de tres RAI anteriores.
- A RAI pódese cobrar como máximo tres períodos.
- Traballar polo menos 6 meses no estranxeiro desde a última saída de España e retornar nos 12 meses anteriores á solicitude.
 
 
SUBSIDIO POR DESEMPREGO PARA PERSOAS EMIGRANTES RETORNADAS MAIORES DE 52 ANOS
 
O subsidio por desemprego tamén está contemplado no caso das persoas que traballasen no estranxeiro e teñan máis de 52 anos no momento de volver a España.
 
Requisitos:
 
- Ser persoa desempregada, estar inscrita como demandante de emprego, permanecer inscrita durante un mes e subscribir o Compromiso de Actividade.
- A inscrición deberá mantela durante todo o período de duración do subsidio.
- Non ter dereito á prestación contributiva por desemprego por cotizacións que tivese acumuladas nos seis anos anteriores á súa saída de España.
- Ser persoa traballadora emigrante retornada de países non pertencentes ao Espazo Económico Europeo, nin Australia ou Suíza.
- Cumprir todos os requisitos, salvo a idade, para acceder a calquera tipo de pensión contributiva de xubilación no Sistema da Seguridade Social español (cotizar por xubilación 15 anos, dous dos cales han de estar dentro dos últimos 15).
- Cotizar por desemprego un mínimo de 6 anos ao longo da súa vida laboral.
- Traballar como mínimo 12 meses nos últimos 6 anos desde a súa última saída de España, en países non pertencentes ao Espazo Económico Europeo, Australia ou Suíza.
- Carecer de rendas propias de calquera natureza superiores ao 75 % do Salario Mínimo Interprofesional (SMI), excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias. (Contías para este ano). As rendas computaranse polo seu rendemento íntegro ou bruto. O rendemento que proceda de actividades empresariais, profesionais, agrícolas, gandeiras ou artísticas, computarase pola diferenza entre os ingresos e gastos necesarios para a súa obtención. As ganancias patrimoniais computaranse pola diferenza entre as ganancias e as perdas patrimoniais. Ter cumprida a idade de 52 anos no momento de poder acceder ao subsidio de emigrante retornado ou retornada, ou cumprila durante a percepción do mesmo. As cotizacións efectuadas noutros países téñense en conta para percibir este subsidio só se foron efectuadas en países pertencentes ao Espazo Económico Europeo ou cos que exista convenio de totalización de períodos para a protección por desemprego, tanto se os períodos son posteriores á entrada en vigor dos convenios, coma se son anteriores.
 
 
PRESTACIÓN POR DESEMPREGO DA PERSOA EMIGRANTE RETORNADA QUE COTIZOU EN ESPAÑA ANTES DE EMIGRAR
 
As persoas traballadoras ás que se lles extinga a relación laboral e retornen a España, poderán percibir prestación por desemprego en España, sempre que reúnan os requisitos que se mencionan nesta prestación.
 
Requisitos:
 
- Ser español ou española.
- Atoparse en situación legal de desemprego.
- Inscribirse como demandante de emprego, permanecer rexistrado ou rexistrada mentres se percibe a prestación, acreditar estar dispoñible para buscar activamente emprego e para aceptar unha colocación adecuada, así como cumprir o compromiso de actividade que se inclúe na solicitude.
- Cotizar en España un período mínimo de 360 días dentro dos seis anos anteriores á data de emigración, e que estas cotizacións non se tiveron en conta para acceder a unha prestación anterior.
- Non estar a percibir a prestación por desemprego en ningún outro Estado do Espazo Económico Europeo ou Suíza.
- Non cumprir a idade ordinaria que se esixa en cada caso para ter dereito á pensión de xubilación española, salvo que non se puidese acceder a ela por non alcanzar o período de cotización que se require.

 
AXUDAS EXTRAORDINARIAS PARA PERSOAS ESPAÑOLAS RETORNADAS
 
Son axudas destinadas a atender as situacións de necesidade das persoas españolas retornadas, polos gastos extraordinarios derivados do feito do retorno, cando se acredite insuficiencia de recursos no momento de solicitude da axuda.