DESGLOSAMOS O NOVO SISTEMA DE COTIZACIÓNS PARA AS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS QUE ENTROU EN VIGOR O 1 DE XANEIRO DE 2023

23. 01. 02
O NOVO SISTEMA DE COTIZACIÓNS DE AUTÓNOMOS/AS xa entrou en vigor, explicámoscho en 8 CLAVES:
 
1. Entrada en vigor: A partir do 1 de xaneiro de 2023 desprégase progresivamente (durante 3 anos) un sistema de quince tramos que determina as bases de cotización e as cotas en función dos rendementos netos (BENEFICIOS) do/a autónomo/a, como transición ao modelo definitivo de cotizacións por ingresos reais que se producirá como moi tarde en nove anos.
 
2. Cotas: As cotas mensuais á Seguridade Social irán desde os 230 aos 500 euros ao mes en 2023, e dos 200 aos 590 euros ao mes en 2025, sempre en función dos rendementos netos (beneficios).
 
3.Tramos: Os 15 tramos que entran en vigor en 2023 son os que se establecen na imaxe que acompaña esta publicación:
 
4.Cambios de tramo: Os/as autónomos/as poderán cambiar a súa cota en función da súa previsión de ingresos netos (descontando os custos de desenvolver a súa actividade) ata seis veces ao ano.
 
5.Cálculo rendementos: Os rendementos netos calcularanse deducindo dos ingresos todos os gastos producidos en exercicio da actividade e necesarios para a obtención de ingresos do autónomo/a. Sobre esa cantidade, aplícase adicionalmente unha dedución por gastos xenéricos do 7% (3% para os autónomos societarios). É dicir, a COTA CALCÚLASE DESCONTADOS TODOS OS GASTOS E TENDO EN CONTA SÓ OS BENEFICIOS DO/A AUTÓNOMO/A.
 
6.Acción protectora: A reforma inclúe unha importante mellora no esquema de protección por cesamento de actividade dos traballadores por conta propia.
 
7.Baixos ingresos: Os/as autónomos/as con ingresos máis baixos experimentarán unha redución da súa cota de máis do 30% respecto á actual. Os traballadores autónomos con rendementos por baixo do SMI, entre os que abundan xovenes e mulleres, pagarán cotas entre 200 e 260 euros ao mes en 2025.
 
8.Cotas bonificadas: Fíxase unha cota bonificada para os/as novos/as autónomos/as de 80 euros durante doce meses, extensible a outros doce meses adicionais cando os ingresos netos seguen sendo baixos.