O Consello de Ministros aprobou unha axuda universal de 400 euros para o alumnado que teñan necesidades específicas de apoio educativo. É unha das principais novidades para as bolsas do próximo curso, que contarán cun investimento histórico, de 2.520 millóns de euros.
Ao tratarse dunha axuda universal, non se esixirán requisitos económicos para acceder á mesma.
Requisitos:
- Estudantes con necesidades específicas de apoio educativo derivado de discapacidade, trastorno grave de conduta; trastorno grave da comunicación e da linguaxe; trastorno do espectro do autismo e alumnado con alta capacidade intelectual.
- Estar a cursar o segundo ciclo de Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e FP.
- Non importará o nivel de renda ou do patrimonio dos pais.
- A axuda é compatible coa bolsa que cada estudante poida percibir en función da súa economía familiar e circunstancias persoais de necesidade educativa especial.
Esta axuda sumarase ás axudas que xa reciben só os fogares con poucos ingresos en concepto de ensino, transporte, comedor, material escolar, residencia, reeducación pedagóxica ou reeducación da linguaxe, que son os seguintes:
- Axuda de transporte escolar: ata 617 euros.
- Axuda de comedor escolar: ata 574 euros.
- Axuda de residencia escolar: ata 1.795 euros.
- Axuda para transporte urbano: ata 308 euros.
- Axuda para transporte de fin de semana: ata 442 euros.
- Axuda para material escolar: ata 204 euros.
- Axuda para o ensino: ata 862 euros.
- Axuda para reeducación pedagóxica: ata 913 euros.
- Axuda para reeducación da linguaxe: ata 913 euros.
Prazo de solicitude: 27 de marzo.