POR QUÉ SON TAN NECESARIOS O 8-M E O FEMINISMO? DATOS

21. 03. 08

- Porque NON hai IGUALDADE REAL (feminismo= igualdade). Usemos con propiedade a terminoloxía:  O análogo do MACHISMO sería o HEMBRISMO, non o feminismo. 

- 1. 081 ASESINATOS MACHISTAS dende o 1 de xaneiro de 2003 (data na que se comezaron a contabilizar oficialmente)

- Exércense distintos tipos de VIOLENCIA ÁS MULLERES só polo feito de ser MULLERES ( pasa en todas as clases sociais e na meirande parte dos casos é silenciada).

- A pandemia puxo de evidencia que as crises AGUDIZAN ESTAS DESIGUALDADES.

- As desigualdades quedan reflectidas claramente no MERCADO LABORAL: Peores condicións laborais para as mulleres da man dun escaso recoñecemento social e profesional.

- As mulleres ocupamos en menor proporción que os homes postos de XESTIÓN e RESPONSABILIDADE.

- Esta desigualdade traládase directamente aos SALARIOS e con elo tamén ás PRESTACIÓNS SOCIAIS vinculadas á participación laboral das mulleres, como a PRESTACIÓN POR DESEMPREGO ou as PENSIÓNS, onde as brechas de xénero son maiores aínda.

- A pensión media do sistema en febreiro foi de 1.029,90 euros mensuais:

No caso das MULLERES: 826,41 euros (423,59 EUROS MENOS QUE A DOS HOMES)
No caso dos HOMES: 1.250 euros

- No ámbito familiar, seguimos a ser a maioritariamente as que nos encargamos do TRABALLO DOMÉSTICO e dos COIDADOS (tanto dos/as fillos/as como das persoas dependentes). Este traballo nunca é remunerado.

- Datos do SEPE (02/21):

            - O 57,5% das persoas desempregadas son MULLERES e o 58,4% das persoas desempregadas maiores de 25 anos son MULLERES.

           -   Entre a poboación ASALARIADA INDEFINIDA A TEMPO COMPLETO, o salario das mulleres debería AUMENTAR UN 15% para EQUIPARARSE ao                     dos  homes.

          - Entre a poboacón ASALARIADA INDEFINIDA A TEMPO PARCIAL, a ganancia das mulleres debería AUMENTAR UN 21% para EQUIPARASE ao dos                  homes.

          - Entre a poboación ASALARIADA TEMPORAL A TEMPO PARCIAL, o salario feminino debería INCREMENTARSE NUN 17% para EQUIPARASE ao dos                homes.

          - Hai unha DIFERENCIA DE 10 PUNTOS PORCENTUAIS ENTRE A TASA DE EMPREGO DE HOMES E DE MULLERES.

          - TRES de cada CATRO EMPREGOS A TEMPO PARCIAL son de MULLERES, por qué? No 52% dos casos é por non poden acceder a un traballo a tempo                completo, pero tamén debido a outros factores que afectan en moita menor medida aos homes, como, ter que ocuparse do COIDADE DE MENORES,                      PERSOAS ENFERMAS, DISCAPACITADAS OI MAIORES (o 13,3% das mulleres fronte ao 2,5% dos homes) ou outras OBRIGAS FAMILIARES OU                  PERSOAIS (6,8% das mulleres fronte ao 1,2% dos homes).

          - Neste trimestro o 52% das PERSOAS QUE TRABALLAN CON CONTRATO TEMPORAL son MULLERES, por sexo o número de homes en paro diminuiu                en 29.000 este trimestre mentres que o DESEMPREGO ENTRE AS MULLERES SE INCREMENTOU EN 25.900.

          - As mulleres son as que representan maioritariamente o DESEMPREGO CRONIFICADO OU DE LARGA DURACIÓN (6 de cada 10 persoas paradas                    que    levan de 1 a 2 anos en procura de traballo son MULLERES. Das inactivas, o 87% adícanse ás labores do fogar, traballo non remunerado.

 

Á vista de todos estos datos, ante qué estamos? ante a DESIGUALDADE.