CONCELLO DA ESTRADA PON EN MARCHA O PLAN+PROVINCIA (PROGRAMA ACTIVACIÓN EMPREGO 2024)

24. 04. 09

O Concello da Estrada contratará a un total de 15 PERSOAS EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO ao abeiro do plan provincial da Deputación de Pontevedra para a activación do emprego nos concellos da nosa provincia.

O proceso de selección levarase a cabo mediante a presentación da oferta ante o SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DE GALICIA, que será o encargado de enviar ás persoas para proceder ao proceso de selección.

Se estás interesado/a en participar deste proceso debes estar inscrito/a como demandante de emprego nas CATEGORIAS PROFESIONAIS QUE O CONCELLO VAI SOLICITAR e que son: 

1 conserxe,

1 oficial de 1ª fontaneiro/a

2 oficiais de 1ª albaneis

2 axudantes electricistas

1 auxiliar de biblioteca

Estes contratos faranse a xornada completa durante 8 meses.

4 peóns forestais

Estes contratos faranse a xornada completa durante 7 meses

3 peóns de obras públicas 

1 condutor/a de camión

Estes contratos faranse a xornada completa durante 6 meses

Información completa: https://aestrada.gal/wp-content/uploads/wpforms/21166-54d73bda40350cdfad5f14b38e08a1c0/RESOLUCION-PLAN-MAIS-PROVINCIA-dfa2d82bd8206651fbb814e7989d9126.pdf