O BONO SOCIAL TÉRMICO é unha AXUDA ESTATAL que tramitan as COMUNIDADES AUTÓNOMAS. No caso de Galicia, en ocasións, o goberno autonómico COMPLEMENTA A AXUDA ESTATAL.
QUEN TEN DEREITO AO BONO SOCIAL TÉRMICO?
A pesar de que o seu nome pode levar a confusións, este bono non ten nada que ver coa calefacción, se non que é unha "AXUDA" QUE O GOBERNO RECOÑECE A TODAS AQUELAS PERSOAS BENEFICIARIAS DO BONO SOCIAL NA FACTURA DA LUZ, independentemente da porcentaxe de desconto que corresponda. A peculiaridade é que este bono se recoñece un ano despois, é dicir, as persoas que tramitaron o bono social no ano 2023, terán dereito a cobralo no ano 2025.
COMO SE TRAMITA?
O bono non require de ningún trámite, o goberno recoñéceo de maneira automática. As persoas que teñen dereito recibirán unha carta, no caso de Galicia, da Xunta de Galicia, na que se lle indicará que é beneficiario/a do bono social térmico e a cantidade que lle será aboada. A carta leva unha ligazón a unha páxina web e un contrasinal, co que a persoa beneficiaria debe entrar e comprobar que os seus datos están ben (sobre todo o NÚMERO DE CONTA), en caso de que queira modificar algún, debe comunicalo e no caso de estar dacordo con todo, debe ACEPTAR A AXUDA.
QUÉ PASA SE A PERSOA BENEFICIARIA FALECEU?
Neste caso teñen dereito a cobralo as persoas herdeiras e require de presentar documentación a maiores (indícase na carta que che chega á casa).
QUÉ PASA SE A PERSOA BENEFICIARIA CAMBIOU DE DOMICILIO E NON RECIBE A CARTA NO ENDEREZO ACTUAL?
Neste caso, se es unha persoa beneficiaria do bono social na factura da luz, sabes que SÍ TES DEREITO A ESTA AXUDA, polo tanto se non recibiches a cartas podes contactar coa Xunta de Galicia (en tanto que administración tramitadora da axuda) para que che faciliten a aceptación da mesma.
A CANTO ASCENDE A AXUDA?
O importe do bono non é o mesmo para todas as persoas beneficiarias. Depende de:
- A zona climática
- Tipo de vulnerabilidade do/a consumidor/a
Para este ano 2024, o goberno ten previsto que a cantidade a percibir por cada persoa beneficiaria oscile entre os 35 € aos 372 € (* a esta cantidade habería que sumar 100 euros no caso de que este ano a Xunta de Galicia conceda esta axuda complementaria)
CANDO SE VAI COMEZAR A ABOAR EN GALICIA?
A semana pasada contactamos coa Xunta e o que nos fixeron saber é que se comezarán a enviar as cartas a FINAIS DESTE MES DE ABRIL. Se ben, poderás consultar se figuras entre os beneficiarios/as entrando na súa páxina web cando teñan habilitada a información: https://politicasocial.xunta.gal/gl/areas/inclusion-social/axudas-e-prestacions/bono-social-termico
CALES SON OS TELÉFONOS DE CONTACTO SE TEÑO QUE RESOLVER ALGUNHA DÚBIDA?
881 996 572
881 996 573
881 996 574
Como cada ano, desde o departamento de emprego do Concello da Estrada botarémosche unha man para a súa tramitación. Podes pasarte polas nosas oficinas sen necesidade de cita previa ou chamarnos ao teléfono 986 677 740 en horario de 9.00 a 14.00 horas
!!!! MOI IMPORTANTE!!!!!!!!!!!! Para ser beneficiario/a do bono social TÉRMICO tes que ter en vigor o BONO SOCIAL NA FACTURA DA LUZ, polo cal comproba na túa factura que non o tes caducado, e se che vai caducar procede a renovalo nun prazo non inferior a 15 días.