OS PORTAIS DE EMPREGO:
Dentro dos portais de emprego temos principalmente, dous tipos, os que xestionan ofertas de emprego propias, e dicir captan as empresas interesadas en ofrecer emprego; e os que aglutinan ou centralizan ofertas de emprego doutros portais, neste caso cando atopamos unha oferta de interese, o habitual é que teñamos que darnos de alta no portal onde a oferta foi colocada orixinalmente.
Practicamente todos os portais de emprego comparten unhas características comúns máis alo das súas funcionalidades esenciais; sempre que nos deamos de alta en algún deles, precisamos:
- Ter o Curriculum Vitae actualizado pois teremos que introducir a nosa traxectoria profesional.
- Coñecer as datas en que realizamos ou tivemos distintas ocupacións xa que pode que nos requiran dende que ano ata que ano ou dende que data exacta ata que data exacta. Se non podemos recuperar o día exacto, poderemos especificar o dia 1 ou 15 do mes en cuestión.
- Dispor dunha vida laboral actualizada, nos axudará a cumprimentar os datos anteriores.
- Non é requisito, pero si recomendable ter feito un DAFO persoal pois nalgúns casos o portal si nos preguntará polas nosas capacidades, intereses ou principais habilidades.
A maioría dos portais de emprego, tamén comparten funcionalidades, sendo as máis habituais:
- Rexistro do noso curriculum vitae; algúns deles permiten ter almacenadas varias versións.
- Filtraxe de ofertas de emprego por distintos parámetros: xeográficos, funcionais, etc.
- Seguimento das ofertas nas que nos inscribimos, para poder estar ao tanto da situación da nosa candidatura. O seguimento depende do "bo facer" da empresa que emitiu a oferta xa que é ela a que ten que cambiar o estado de cada unha das candidaturas.
- Alertas de empregos relacionados con palabras clave segundo os nosos intereses profesionais.
INSTITUCIÓNS DE ÁMBITO ESTATAL
O portal do SEPE (Servicio Público de Empleo Estatal) é o portal de referencia en canto ao emprego xa que dende esta estrutura estatal se deseñan algunhas accións e medidas que son executadas posteriormente nas distintas CC.AA. Como seguro xa sabes, o SEPE está adscrito, actualmente, ao Ministerio de Trabajo y Economía Social.
A páxina do SEPE (http://www.sepe.es/) está estruturada en tres grandes bloques de información:
Persoas:
- Prestacións
Información relacionado coas distintas situacións sobre a solicitude e a obtención dunha prestación por desemprego. O apartado presenta exemplos de distintas situacións (ERE, traballadores e traballadoras do campo, victima de violencia, etc.) asi como a posibilidade de descargar os impresos necesarios ou realizar os trámites de xeito electrónico.
- Formación
Destacan, neste apartado, as seguintes opcións:
- Catálogo de espcialidades formativas: que nos permite atopar centros homologados nos distintos certificados de profesionalidade.
- Certificados de profesionalidade: Información relacionada coas familias proesionales, normativa asociada aos certificados de profesionalidade.
- Certifica tu experiencia laboral: Facilitanos o acceos a plataforma RECEX para poder acreditar as competencias adquieridas durante o noso desenvolvemento profesional.
- Encontrar traballo
Una das opcións máis relevantes deste portal, as opcións que te recomendamos que revises en primeiro lugar son:
- Axencias de colocación: Acceso á rede de axencias de colocación que colaboran co servizo público de emprego.
- Orientación profesional: información sobre a carteira común de servizos do Sistema Nacional de Emprego e vídeos de axuda para a procura de emprego.
- EURES: Encontrar empleo en Europa: ofertas de emprego, proxectos e información dos diferentes países europeos.
- Emprego para persoas con discapacidade: Se queres coñecer que é o emprego con apoio, comeza por esta opción.
- Ofertas de traballo: ligazon especial ao portal de emprego empléate, aglutinador de ofertas de emprego dos distintos servizos de emprego das CC.AA. ademais doutros portais colaboradores. (Falaremos deste portal un pouco máis adiante).
Empresas:
Dende aquí podes consultar os modelos de contrato vixentes así como os distintos tipos de axudas dispoñibles e profesións de dificil cobertura.
Emprendedores e Autónomos:
Tes nesta opción, información para:
- Avaliar o teu perfil emprendedor.
- Elaborar un plan de empresa.
- Consultar as axudas dispoñibles para inciar a túa empresa.
Podes acceder directamente ao portal de emprego xestionado polo SEPE, dende https://www.empleate.gob.es. O funcionamento é moi sinxelo, terás que comezar na opción Crear conta (etiquetada como 1, na imaxe seguinte) e logo Alta persoa
Comprobarás que, a orde e un dos aspectos principais á hora de empregar espazos e ferramentas para a procura de emprego, ter toda a nosa documentación laboral ordenada e localizable é fundamental para poder especificar datas, funcións desempeñadas, nomes de empresas, etc.
Unha vez o CV da persoa interesada este de alta no portal, independentemente deste, é importante destinar un tempo a coñecer as principais ferramentas. No caso de empleate, estas son as súas funcionalidades principais:
- Buscar ofertas : Opción dispoñible en todos os portais de emprego e a súa razon de ser. Practicamente en todos os portais atoparemos distintas posibilidades de filtraxe, entre outras, por data de publicación, provincia ou sector profesional.
- Mis ofertas: Funcionalidade que nos permite realizar un seguimento das ofertas nas que nos temos inscrito. Segundo o portal indicará os distintos estados polo que a nosa oferta pasa: revisado o perfil, en proceso, descartado, etc.
- Me recomienda: Listaxe de ofertas recomendadas do portal.
- Me gustan: Listaxe de ofertas de emprego que tes marcadas como interesantes e sobre as que fas seguemento.
- Le interesas a: Empresas que teñen marcado o teu perfil como de interese.
INSTITUCIÓNS DE ÁMBITO AUTONÓMICO
Na nosa Comunidade é a Consellería de Emprego e Igualdade a responsable da función orientadora e baixo esta atopase o servizo público de emprego de Galicia (Emprego Galicia) que aglutina os servizos en materia de emprego dentro da nosa comunidade autónoma.
O portal do servizo público de emprego de Galicia, atópase na dirección https://emprego.xunta.gal e se estrutura nos apartados xerais seguintes:
- Demandantes
Agrupa servizos relacionados coa procura de emprego e a formación relacionada.
- Empresas
Información e servizos de interese para as empresas, dende programas e incentivos para contratación de determinados perfís ata información máis detallada sobre as Oficinas de apoio ao empregdor ou a xestión de ofertas.
- Emprendemento
Especial información sobre as formas de emprendemento baseadas na economía social, o emprendemento de base tecnolóxica e o emprego autónomo. Ademais, atópanse recursos de axuda para as persoas emprendedoras.
- Quen somos
Descrición do Servizo Público de Emprego de Galicia e as Políticas Activas de Emprego.
- Oficina virtual
Acceso aos servizos electrónicos relacionados coa demanda de emprego, a orientación laboral e a formación para o emprego.
Dende este espazo, podemos empregar os servizos relacionados coa orientación e o emprego dende dúas perspectivas, a informativa, na que poderemos consultar a información, e a participativa, dende a que poderemos interactuar, de xeito persoal, cos servizos ofertados.
Revisamos en primeiro lugar os servizos dispoñibles (previa identificación) e aglutinados baixo a OFICINA VIRTUAL. Para empregar este servizos é necesario que a persoa demandante de emprego obteña un acceso privado (na súa oficina de emprego), xa que accederá a datos persoais relacionados coa súa actividade de procura de emprego. Tamén pódese acceder mediante DNI-e ou certificado dixital. Premendo no enlace OFICINA VIRTUAL, accedemos á pantalla de identificación.
Unha vez identificados, accedemos á unha pantalla intermedia de información sobre a Protección de Datos, a continuación, prememos na lapela Demandantes da parte superior da pantalla para acceder aos servizos asociados á nosa situación.
Na pantalla de servizos, podemos acceder e xestionar accións relacionadas con:
- Situación e renovación da tarxeta de demandante de emprego: Nesta zona, amósase información da situación administrativa actual da nosa demanda de emprego, cando temos que renovala e incluso a posibilidade de imprimir unha copia da nosa tarxeta de demandante.
Se te fixas, esta é a opción que aparece marcada por defecto arriba a dereita, no bloque Datos persoais
- Datos persoais:
Dende este bloque, ademais da posibilidade de renovar a demanda, podemos:
- Acceder e axustar algúns dos nosos datos persoais.
- Acceder aos nosos datos profesionais e engadir ou xestionar a información facilitada nalgúns dos bloques do noso historial profesional.
- Imprimir o noso Curriculo Viate, cos datos que temos facilitados ao SPEG. Esta información é fundamental para coñecer e completar os datos que forman parte das procuras de emprego das empresas interesadas.
- Orientación laboral: Funcionaliade para solicitar unha atención persoalizada por parte do persoal orientador. Os obxectivos deste servizo están realcioandos coas accións:
- Mellorar a presentación do teu CV.
- Mellorar o teu proceso de busca de emprego.
- Pór en valor o teu CV e a túa candidatura.
- Ampliar as túas oportunidades laborais.
Ofertas de emprego: Un dos espazos clave do servizo, xa que dende aquí podemos buscar as ofertas de emprego activas da nosa provincia. Premendo sobre cada unha delas atoparemos unha pequena descrición, ademais dun botón para inscribir a nosa candidatura no posto ofertado. Fíxate no aviso de confirmación, xa que é necesario confirmar a dispoñibilidade, como persoa candidata, para que a túa candidatura sexa incorporada definitivamente á oferta.
Ademais de consultar as ofertas activas, podemos acceder ao noso historial de candidaturas, tanto activas, como xa pechadas.
Como noutros portais, de tipo privado, a Oficina Virtual de Emprego, tamén nos permite engadir ata 3 currículos diferentes para asocialos aos diferentes tipos de ofertas de emprego que sexan do noso interese, é unha oportunidade xa que podemos potenciar os noso currículo en función do tipo da necesidade principal da oferta.
- Formación para o emprego: Buscador oficial para os cursos de formación preferente para persoas en situación de busca de emprego. Posúe un buscador que nos permite realizar filtraxes por provincias, localidades e especialidades; cando atopemos un curso do noso interese, só temos que premer sobre el para amosar a descrición e condicións de impartición e premer no botón de pre-inscrición.
Ademais de buscar cursos tamén podemos solicitar un curso concreto do catalogo de certificados de profesionalidade, atopar obradoiros de emprego ou realizar o seguimento dos cursos nos que temos realizada a pre-inscripción.
Se aínda non dispoñemos dun acceso persoal, podemos consultar a información dispoñible nesta páxina, dende a opción do menú principal, Demandantes, dende a que podemos acceder á algunha da información descrita anteriormente pero para poder inscribirse nunha oferta de emprego, pre-inscribirse nun curso, ou renovar a nosa demanda, seremos redirixidos á oficina virtual.
Non deixes de consultar a información relacionada cos certificados de profesionalidade e os outros servizos da Consellería a demandantes; dende este último, poderás acceder a informes do Instituto Galego das Cualificacións sobre o mercado laboral en Galicia.
- Outras informacións e servizos de interese relacionada cos ámbitos empresarial e o ecosistema emprendedor, podes atopalas dende as opcións:
- (Empresas) Xestiona ofertas
Información ás empresas dos recursos dispoñibles para realizar unha oferta de emprego a través do SPEG.
- (Empresas) Xestiona formación
Información relacionada coa formación con compromiso de contratación e as prácticas non laborais.
- (Empresas) Apoio á contratación
Información dos incentivos dispoñibles para fomentar a contratación de distintos tipos de perfís.
- (Empresas) Colectivos de interese
Información sobre a contratación de persoas incluidas nos colectivos de especial interese.
(Emprendemento)
Apoio ao emprendemento
Canle con información relacionada coas necesidades do colectivo emprendedor dende o que podemos obter información relacionada coa capitalización da prestación por desemprego, acceder a manuais e formacióne específica ou coñecer as Iniciativas Locais de Emprego (ILE) ou as Iniciativas de Emprego Rural (IER).
Economía Social
Unha das formulas para apoiar e potencia a colaboración como punto fundamenta dun proxecto empresarial. Dende este espazo se presentan os modelos de emprendmento cooperativo e as sociedades laborais.
Emprego autónomo
Acceso á Oficina Virtual do Emprego Autónomo, unha canle especial que a Consellería pon en marcha para apoiar este modelo de desenvolvemento profesional.
IEBT
Accións especiais relacionadas con ideas de negocio do ámbito innovador ou tecnolóxico.
PORTAIS DE EMPREGO XENERALISTAS
Revisamos as principais funcionalidades de Infojobs, un dos portais de emprego xeralistas que máis difusión teñen acadado actualmente.
É un dos portais considerados xeneralistas xa que as ofertas de emprego son de tipo horizontal, e dicir, non están centradas nun ámbito laboral específico.
O procedemento de alta da nosa traxectoria profesional segue as mesmas pautas que o portal xa referido (empléate) así que comentaremos algunhas das súas principais funcións a partires do noso rexistro neste portal de emprego.
- Logo Infojobs: É a posición de entrada cando nos identificamos no portal. Na parte inferior desta pantalla atópase unha zona informativa:
- Novas ofertas relacionadas coas túas procuras.
- Número de empresas que atopan o teu CV no portal. Dende este bloque tamén podemos acceder aos nosos CV.
- Número de candidaturas activas, é dicir, número de candidaturas nas que te inscribiches e que seguen activas ou tiveron algún axuste na súa situación.
- CV: Unha das zonas fundamentais do espazo, xa que nos permite dar de alta varios currículos e tamén ter varias cartas de presentación dispoñibles para achegar a máis axeitada segundo a oferta na que nos vaiamos a inscribir.
Ademais da alta, poderemos actualizar o noso CV, tanto en novas achegas sobre experiencia profesional, formación ou outros aspectos. Se te fixas, na columna da dereita podes actualizar a data do teu CV, unha forma de indicar que segues activo ou activa na túa procura de emprego>
- Mis ofertas: Acceso ás últimas candidaturas nas que formalizamos a nosa inscrición e a súa situación. Esta opción permítenos estar ao tanto da súa evolución, aínda que a información deste espazo depende da interactividade da empresa respecto á candidatura. A información pode reflectir distintos estados: "Proceso cerrado", "Inscrito", "Sigues en el proceso" ou "Descartado".
- Quién me ve: Interesante opción, xa que nos permite coñecer que tipo de empresas teñen interese no noso perfil e cales son os termos que estas introducen no buscador de Infojobs a través dos que o noso perfil aparece. Isto nos permite investigar no tipo de empresas, a súa actividade, as súas ofertas de emprego habituais.
PORTAIS DE EMPREGO PARA PERSOAS AUTÓNOMAS
O funcionamento destes espazos é diferente, respecto aos portais de emprego xeralistas, aínda que comparte os pasos de darse de alta e cumprimentar o noso historial profesional; ademais – algúns – permiten referenciar os nosos traballos para facilitar a decisións das empresas que ofrecen proxectos.
Nos portais para profesionais autónomos non se ofertan empregos, ofértanse proxectos e case todos seguen os mesmos patróns de funcionamento:
- A empresa publica un proxecto
- Os e as freelances ofrécense
- A empresa elixe a proposta máis axeitada
- O traballo abóase tras a entrega e validación
- O portal actúa como intermediario
Ademais das funcionalidades propias deste tipo de portais, estes actúan como escaparate fronte a posibles contratacións xa que, como comentabamos temos a posibilidade de enlazar ou subir mostras das nosas creacións (obviamente en función da nosa actividade profesional).
Actualmente, en España, a plataforma referente e freelancer https://www.freelancer.es (que no ano 2016 comprou a española Nubelo, especializada en emprego para freelancers).
Podemos consultar o funcionamento do portal a través do enlace https://www.freelancer.es/info/how-it-works. Se a comparas co funcionamento do portal Twago, outro portal especializado en emprego autónomo, verás que son practicamente idénticos: https://www.twago.es/how-it-works/.
Twago é outro dos referentes en canto os servizos de emprego autónomo, de orixe alemán e cun ámbito de aplicación europeo (tamén comprou, no 2016, unha plataforma española adTriboo, centrada no emprego autónomo).
APPS PARA O EMPREGO
Algúns servizos de procura de emprego teñen asociada unha App móbil para estar ao tanto do que acontece sobre as ofertas de emprego nas que estamos inscritos ou sobre as alertas que temos definidas e que algúns dos portais de emprego nos permiten definir.
Habitualmente, as App actúan dun destes xeitos:
- Asociado a un portal de emprego: moitos dos portais que ofrecen emprego, poñen a disposición das persoas candidatas aplicacións móbiles (apps) para estar ao tanto das novidades relacionadas coas súas candidaturas e as ofertas que poidan xurdir relacionadas co seu perfil. Ademais dende estas aplicacións, normalmente, pódese xestionar o noso perfil e as nosas preferencias.
- O requisito para poder empregalas e que teñas o teu CV ou perfil, introducido no servizo asociado.
- Agregadores de ofertas: as apps deste tipo compórtanse como recompiladores de ofertas, igual que algún dos portais que xa temos comentado.
- Servizos independentes: son apps que non teñen versión dispoñible noutras plataformas, e dicir, so son operativas a través do móbil.
Esta son algunhas das apps actuais, (lembra que a actualización das apps é moi frecuente e por tanto algunhas das funcionalidades indicadas poden ter cambiado, desaparecido ou mellorado).
Infojobs: Dispón dunha aplicación para dispositivos IOS e Android, ambas de balde.
Permite localizar ofertas de traballo e inscribirse nelas, gardar ofertas do teu interese para unha análise posterior ou seguir ofertas de interese e compartilas a través de espazos sociais. Se tes activadas as alertas, calquera novidade sobre as túas candidaturas a recibirás no teu dispositivo móbil.
Eures: App creada pola Rede Europea de Ofertas de Emprego dende a que poderás acceder ás ofertas de traballo de toda Europa así como xestionar os trámites relacionados con cada unha das ofertas publicadas.
A app tamén permite localizar á túa "conselleira ou conselleiro eures" máis próximo para poder obter asistencia personalizada a través do posicionamento do teu dispositivo móbil.
Dispoñible para IOS e Android.
Jobandtalent: É unha app de recrutamento.
Dende a súa app, facilitan o desenvolvemento de todas as xestións administrativas relacionadas co proceso de contratación.
Job Today: App de procura de emprego que nos permite contactar de xeito directo coa empresa que publica a oferta mediante servizo de chat, de xeito que podemos coñecer os pormenores da oferta, dende o primeiro momento. Os obxectivos da startup creadora da app, son: simplificar o proceso de selección e contratación ao máximo posible e acadar que cada oferta estea cuberta en 24 horas.
MOBEM: é unha aplicación que permite acceder aos servizos ofrecidos polo Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) ás persoas demandantes de emprego, complementa os servizos ás persoas demandantes a través do seu dispositivo móbil xa que permite: renovar a demanda de emprego, consultar as datas marcadas na nosa axenda como demandante, modificar os datos de usuario, ou consultar a situación nas ofertas nas que sexamos demandantes.
É requisito para poder utilizar o MOBEM estar inscrito/a no Servizo Público de Emprego de Galicia como persoa demandante de emprego e ter a demanda en situación administrativa de alta.
A aplicación está dispoñible para dispositivos IOS e Android
*Fonte: CIXUG