Nota!!! É moi recomandable que antes de iniciar ningún trámite obteñas o teu CERTIFICADO DIXITAL. INFORMACIÓN COMPLETA
No caso da Estrada podes obter este certificado tamén a través das oficinas da Estrada Dixital. Chama ao teléfono 986 677 756 para máis información,
a) TRÁMITES NA AXENCIA TRIBUTARIA (FACENDA)
- Declaración Censual, Modelo 036. Comezo, modificación e tamén para o cese de actividade. Aportar copia do DNI. Pode facerse xunto a isto a alta no IAE. INFORMACIÓN MODELO 036
- Trámite na delegación de AEAT do seu domicilio e no epígrafe correspondente á actividade. Modelo 840. Recordemos que este tributo local hai que presentalo, aínda que a maioría das empresas, de reducido tamaño, están exentas. INFORMACIÓN MODELO 840
Pide cita previa AQUÍ
b) TRÁMITES NA TESOURERIA DA SEGURIDAE SOCIAL
- Inscrición coma empresario/a na Tesourería da Seguridade Social, código conta cotización, ou número patronal, previo á contratación de persoas traballadoras. INFORMACIÓN INSCRICIÓN COMO EMPRESARIO/A
- As persoas traballadoras a contratar deben ter afiliación previa, só se solicita unha vez, á alta no Réxime Xeral da Seguridade Social.
- As persoas que exercen unha actividade profesional pola súa conta deberán tamén darse de alta nos colectivos profesionais aos que pertenzan (Ex. Un fisioterapeuta deberá estar colexiado para exercer a súa actividade profesional).
- Acompañar fotocopia do DNI da persoa empresaria.
No caso da Estrada pide cita previa para ser atendido/a pola Tesoureria chamando ao teléfono: 986 590 200
c) LEGALIZACIÓN DE LIBROS OFICIAIS. O CÓDIGO DE COMERCIO OBRIGA AOS EMPRESARIOS/AS A LEVAR UNHA CONTABILIDADE ORDENADA
- Empresario/a Individual. En Estimación Directa Simplificada do IRPF: Libro rexistro de vendas e ingresos; libro rexistro de compras e gastos e Libro rexistro de bens de inversión. INFORMACIÓN SOBRE A ESTIMACIÓN DIRECTA IRPF
- En Estimación Directa normal do IRPF: Libro diario e libro de inventario e contas anuais.
- No IVE poden acollerse ao réxime simplificado, ao réxime normal e ao de recargo de equivalencia.
d) OUTROS TRÁMITES. SON PRECISOS REALIZAR ANTES DE DAR COMEZO Á ACTIVIDADE
- Licenza municipal de apertura. Urbanismo do concello correspondente. Demora unhas semanas a aprobación, pero é habitual que poida iniciar a actividade unha vez entregada toda a documentación requirida. No caso do Concello da Estrada podes chamar ao teléfono 986 677 716 para máis información
- Licenza municipal de obras, no suposto que o precise. No caso do Concello da Estrada podes chamar ao teléfono 986 677 716 para máis información
- Na Delegación Provincial da Consellería de Traballo: tramitar a comunicación de apertura do centro de traballo, segundo o impreso oficial. Na Estrada sería a Delegación de Vigo, podes chamar ao teléfono 986 817 041 para máis información.
- No Rexistro da Propiedade Inmobiliaria: inscrición de bens inmobles, de ser o caso. No caso da Estrada podes chamar ao teléfono 986 570 065 para máis información.
- No Rexistro da Propiedade Industrial: de ser o caso, inscrición de nomes comerciais, patentes, marcas, deseños industriais, modelos de utilidade e rótulos. Podes obter máis información chamando aos teléfonos: 981 957 390 ou 981 957 391.
- Plan de prevención de riscos laborais específicos da actividade. Este aspecto pode ser contratado cunha empresa externa especializada nesta labor.
- Obtención do calendario laboral. Na Inspección de Traballo. MÁIS INFORMACIÓN