Facer os trámites de xeito virtual a través do Punto Asesoramento Emprendedor, en adiante PAE, permite elaborar o documento DUE (Documento Único Electrónico) que facilitará todos os trámites nun só documento a persoa(s) emprendedoras de xeito telemático. Podemos facelo con sinatura electrónica.
Os PAE contan conpersoal técnico que facilita a labor ás persoas emprendedoras na creación e posta en marcha, e tamén nos ceses de empresa a través da ferramenta "Gestor PAE"
Existen dous tipos de PAEs:
- Os vinculados directamente á Dirección Xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa (DHIPYME).
- E aqueles outros nados por convenio previo con organismo autorizado, coma é o caso de Colexios Profesionais.
No caso da Estrada temos dous PAE´s privados: Un xestionado pola Asesoría Bascuas; podes pedir cita chamando ao teléfono: 986 590 126 e outro que é xestionado pola economista Ofelia Mato; podes pedir cita chamando ao teléfono 986 499 399
Para accedera a esta ferramenta, inicialmente ir a Gestor PAE.
Pediranos o contrasinal e usuario ou ben acceder ao sistema clave. Inicialmente, coma aprendizaxe, podemos facer unha sesión de formación co perfil “PAE invitados”. A persoa técnica só poderá consultar a información referida ao PAE ao que pertence.
A ferramenta que permite ao persoal técnico realizar os trámites en liña ten diferentes opcións en función da forma xurídica da iniciativa e o lugar no que resida.
No caso de crear unha iniciativa empresarial para unha persoa autónoma, comenzaríamos por facer un DUE novo, seleccionando a opción de Empresario individual,
Unha vez que teñamos cubertos os campos correctamente os apartados irán desbloqueándose. Gardamos copia asinada e entregamos copia do DUE ao emprendedor/a. Finalmente prememos “Enviar DUE”.
Temos que introducir todos os datos referidos tanto á persoa emprendedora, coma ao domicilio, a existencia dun/ha representante da mesma, ou mesmo un enderezo de contacto para notificacións da Tesourería da Seguridade Social. Na parte superior dereita da pantalla vemos as diferentes pestanas despregables para seguir cubrindo:
- Actividade,
- Declaración Censual,
- Seguridade Social,
- traballadores a cargo,
- protección de datos,
- patentes e marcas,
- reserva de dominio.
Recordar o seguinte código de cores, por si da erros á hora de gardar DUE:
VÍDEOS TITURIAIS PARA AUTÓNOMOS/AS
Fonte: FEGAMP Emprendemento: da idea á posta en marcha (Cód: 22)