LEI DE FAMILIAS: NOVA AXUDA DE 100 EUROS Á MATERNIDADE. REQUISITOS E SOLICITUDE

23. 02. 14

Esta nova lei ten como obxectivo facilitar a crianza e a conciliación da vida laboral e persoal.

Dende o 1 de xaneiro esta axuda faise EXTENSIBLE A:

- Nais traballadoras con fillos a cargo de 0 a 3 anos dadas de alta na Seguridade Social.
- Nais que estean a percibir unha prestación por desemprego, xa sexa contributiva ou non.
- Nais que, sen reunir os requisitos previamente, "coticen 30 días a partir do parto". 
- Nais que teñan un emprego a tempo parcial ou un contrato de traballo temporal. Desta maneira, as nais que se atopen nestas situacións cobrarán a dedución reembolsable do IRPF completa e non en proporción.
 
Esta axuda de 100 euros é unha ampliación da prestación contributiva que xa recibían as nais traballadoras dadas de alta na Seguridade Social e que desde xaneiro de 2023 se estende de forma permanente a un maior número de familias vulnerables con fillos de ata 3 anos.
Ademáis desde xaneiro de 2023, poden solicitalas nais que estean a recibir unha prestación por desemprego, as que traballen a tempo parcial ou temporal ou as que cotizasen 30 días a partir do parto.
 
REQUISITOS PARA RECIBIR Os 100 EUROS POR FILLO/A
A renda de crianza está destinada a todas as nais, tanto se traballan coma se non, que teñan fillos a cargo de 0 a 3 anos.
A beneficiaria debe estar dada de alta na Seguridade Social ou mutualidade durante polo menos 30 días ou recibir unha prestación por desemprego.
Tamén poden solicitala os proxenitores do mesmo sexo (os dous teñen dereito); o pai ou titor do menor en caso do falecemento da nai; e o pai ou titor cando teña en exclusiva a garda e custodia.
 
COMO COBRAR A RENDA DE CRIANZA
A axuda de 100 euros mensuais ata que o fillo cumpra os 3 anos, enmarcada na lei de familias, ofrecerase a través de dúas vías:  Pago único ou dunha dedución na Axencia Tributaria.
 
1.- Se se opta pola dedución na Axencia Tributaria, o contribuínte pode engadir a axuda na declaración de IRPF na próxima campaña da Renda. Recibirá un único pago de 1.200 euros por fillo menor de tres anos ou se restará dita cantidade no caso de que a declaración salga a pagar.
 
2.- solicitar a axuda dividida en 100 euros mensuais. Para iso, hai que acceder á páxina web da Axencia Tributaria e solicitando o abono anticipado a través do Modelo 140, correspondente ás deducións por maternidade.
 
COMO SOLICITAR A AXUDA DE 100 EUROS POR FILLO
Para obter a prestación de 100 euros por fillo/a de entre 0 e 3 anos hai encher o formulario do Modelo 140 dispoñible na páxina web da Axencia Tributaria: https://sede.agenciatributaria.gob.es/Sede/procedimientoini/GZ25.shtml
 
Para completalo, tanto o/a solicitante como os menores de 3 anos deben ter o NIF.
 
Unha vez enchido o formulario obterase un documento que deberá presentarse nas oficinas da Axencia Tributaria, xestión que igualmente se pode levar a cabo por teléfono (número gratuíto 901 200 347) ou vía telemática (require DNI electrónico, certificado dixital ou Cl@ve Pin).