Real Decreto 1058/2022: As pensións soben un 8,5 % en 2023
Establécese unha subida, efectiva desde o 1 de xaneiro, do 8,5% con carácter xeral das pensións do sistema de Seguridade Social e de Clases Pasivas do Estado.
Este incremento do 8,5 % para 2023 é o resultado do IPC medio entre decembro de 2021 e novembro de 2022, segundo a fórmula establecida na Lei 20/2021 de garantía do poder adquisitivo das pensións, aprobada hai un ano.
Acceso ao RD: https://www.boe.es/boe/dias/2022/12/28/pdfs/BOE-A-2022-22694.pdf
Novas contías de pensións non contributivas co 15% prorrogado
Para 2023 fíxase en 6.402,20 euros anuais a contía das pensións de xubilación e invalidez na súa modalidade non contributiva (art. 17.1 RD 1058/2022).
A persoa pensionista que acredite non ter vivenda en propiedade e que vive de alugueiro, terá un importe de 525,00 euros anuais de complemento á súa pensión (art. 17.2 RD 1058/2022).
Subida das pensións de orfandade causadas por violencia contra a muller
As prestacións de orfandade causadas por violencia contra a muller, previstas no artigo 224.1. 3º pfo. LGSS incrementarán, para 2023, igual ao incremento que se aprobe para o salario mínimo interprofesional para o devandito ano (art. 17.3 RD 1058/2022), é dicir, un 15%.
Subida do 8,5 % das pensións de clases pasivas e das pensións especiais de guerra
Teñen o miso incremento que as prestacións contributivas (art. 18 e ss e Anexo II RD 1058/2022).
*Fonte: Noticias Jurídicas