5 DÍAS RETRIBUÍDOS: Por accidente ou enfermidade grave, hospitalización ou intervención quirúrxica sen hospitalización pero que precise repouso. Inclúe familiares de ata 2º grao e convivintes.
4 DÍAS AO ANO RETRIBUÍDOS: Por causa de formza maior cando sexa necesario por motivos familiares urxentes ou imprevisibles. Poderase desfrutar por horas.
8 SEMANAS (NON RETRIBUÍDOS): Ata que o menos cumpra 8 anos. Podese desfrutar de maneira continua ou discontinua e a tempo completo ou parcial.
PARELLAS DE FEITO: Recoñécese un permiso de 15 días naturais por rexistro de parella de feito, equiparando esta situación á de matrimonio.
REDUCCIÓN DE XORNADA: Amplíase para quens precisen encargarse do coidado directo dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade, ademáis de para o coidado de fillos e fillas ou persoas a cargo con discapacidade menores de 26 anos e que teñan cancro ou outra enfermidade grave.
ADAPTACIÓN DE XORNADA: Amplíase a traballadores e traballadoras con persoas dependentes a cargo ( fillos e fillas maiores de 12 anos, conxuxe, parella de feito, familiares por consanguinidade ata 2º grao e persoas convivintes cando non poidan valerse por sí mesmas. en caso de negativa, a empresa terá que xustificalo debidamente.