DEREITO A VACACIÓNS

23. 08. 02

As vacacións son un dereito recoñecido no Estatuto dos Traballadores, por lei, todo traballador7a ten dereito a un mínimo de 30 días naturais, aínda que hai empresas que en lugar de días naturais cóntanas como días laborais. Neste caso serían 22 días.

Un dereito irrenunciable por parte do traballador/a e que a empresa non pode substituír por unha compensación económica, é dicir, non pode dicirlle a un/ha empregado/a que non pode collerse vacacións, pero que a cambio recibirá unha gratificación.

3 abusos moi comúns na empresa sobre as vacacións
Estes son os principais abusos que cometen as empresas respecto a as vacacións:
 
1.- Se tes un contrato parcial, as túas vacacións redúcense na mesma proporción. A parcialidade no mercado laboral é alta e con iso son moitas as empresas que abusan destes traballadores/as, sobre todo aqueles que en contrato e Seguridade Social teñen unha xornada parcial, pero en realidade botan máis horas. Como o salario vai acorde á xornada laboral, moitas empresas aproveitan e indican aos seus empregados/as que as vacacións tamén se reducen proporcionalmente á súa xornada.
Isto é totalmente falso, o artigo 12.4.d do Estatuto dos Traballos déixao moi claro: ‘As persoas traballadoras a tempo parcial terán os mesmos dereitos que os traballadores a tempo completo‘.
 
2.- Comezar as vacacións antes do teu descanso semanal. Cando as vacacións son días naturais, deben comezar a partir do primeiro día laborable seguinte ao descanso semanal, e/o comezar en día laborable. Hai que lembrar que cando son días naturais, contan as fins de semana e os días festivos. Por este motivo, moitas empresas, tentan que estas comecen un sábado, cando é o día de descanso do traballador/a, pero isto é ilegal.
 
3.- A empresa elixe 15 días das vacacións. As vacacións elíxense de mutuo a acordo, pero iso non quere dicir que a empresa elixa 15 días e as outras 15 o/a  traballador/a. O traballador/a é quen debe solicitar as súas vacacións e a empresa aceptar ou denegar o goce nas datas solicitadas. En caso de desacordo entre as partes, a xurisdición social fixará a data que para o goce corresponda e a súa decisión será irrecurrible. O procedemento será sumario e preferente. Unicamente a empresa pode establecer un calendario de vacacións indicando, por exemplo, as datas nas que non se pode coller vacacións por razóns de actividade (máis carga de traballo). O/a traballador/a deberá coñecer as súas vacacións con 2 meses de antelación á data en que vai gozalas, polo que se deben solicitar con tempo suficiente.