O GOBERNO APROBA UNHA SUBA DO SALARIO MÍNIMO INTERPROFESIONAL ATA OS 1134 EUROS DISTRIBUÍDOS EN 14 PAGAS

24. 02. 26

O Salario Mínimo Interprofesional (SMI) para 2024 sitúase en 1.134 euros anuais distribuídos en 14 pagas, co que acumula un incremento do 54% desde o ano 2018.

Uns dous millóns e medio de persoas traballadoras beneficiaranse desta medida.

Coa nova suba do SMI, as persoas traballadoras percibirán 5.573 euros máis ao ano que en 2018.

As empregadas de fogar que traballen por horas percibirán, polo menos, 8,87 euros por cada hora.

Que é o Salario Mínimo Interprofesional?

É a contía retributiva mínima que percibe a persoa traballadora referida á xornada legal de traballo. Regúlao o Goberno anualmente, previa consulta coas organizacións sindicais e as asociacións empresariais máis representativas.

No salario mínimo compútase unicamente a retribución en diñeiro.

Este salario enténdese referido á xornada legal de traballo en cada actividade. Se se realizase xornada inferior percibirase a prorrata.

Cal é a contía do Salario Mínimo Interprofesional en 2024?

O Consello de Ministros aprobou o 6 de febreiro de 2024 a subida do Salario Mínimo Interprofesional para 2024 nun 5%, tras o acordo alcanzado coas organizacións sindicais. Para todas as actividades na agricultura, a industria e os servizos, sen distinción de sexo nin idade dos traballadores, queda fixado en 37,8 brutos ao día, ou 1.134 euros brutos distribuídos en 14 pagas. Esta cifra supón un incremento de 54 euros mensuais en 14 pagas, é dicir, un total de 756 euros anuais.

O Salario Mínimo Interprofesional é neto ou bruto?

O Salario Mínimo Interprofesional refírese ao salario bruto dos/as traballadores/as.

Os 1.134 euros mensuais en 14 pagas representan o total de pagamentos da nómina, e en caso de estar prorrateadas as pagas extras, serán 1.323 euros mensuais en 12 pagas.

Cal é o salario mínimo de eventuais, temporeiros/as e persoas empregadas do fogar?

O salario das persoas traballadoras eventuais, así como as temporeras cuxos servizos a unha mesma empresa non excedan de 120, non pode ser inferior a 53,71 euros por xornada.

INFORMACIÓN COMPLETA: https://www.lamoncloa.gob.es/serviciosdeprensa/notasprensa/trabajo14/Paginas/2023/140223-salario-minimo-interprofesional.aspx

No caso de empregadas e empregados do fogar que traballen por horas, o salario mínimo será de 8,87 euros por hora efectivamente traballada.

A subida do SMI ten efectos retroactivos?

Si. O incremento que se aprobe en Consello de Ministros aplicarase con carácter retroactivo ao 1 de xaneiro de 2024.