APROBACIÓN DA REVALORIZACIÓN DAS PENSIÓNS CONSTRIBUTIVAS E NON CONTRIBUTIVAS PARA O ANO 2024

24. 02. 29

O Consello de Ministros aprobou en decembro de 2023 a revalorización das pensións contributivas, con carácter xeral, un 3,8% e a subida da contía anual das pensións non contributivas un 6,9%.

A pensión media do sistema situouse en febreiro de 2024 en 1.250,7 euros ao mes. Esta contía inclúe as distintas clases de pensión contributiva (xubilación, incapacidade permanente, viuvez, orfandade e en favor de familiares).

No caso da pensión de xubilación, a media está en 1.437,1, mentres que a pensión media de viuvez é de 893,1 euros ao mes.

No caso das pensións non contributivas, tanto as de xubilación como as de invalidez incrementáronse ata os 7.250,60 euros anuais (517,90 euros mensuais en 14 pagas).

As pensións que máis subiron son as máis baixas, que corresponden ás persoas con menor renda.

Así quedan as pensións en 2024
 
En canto ás pensións mínimas de xubilación para maiores de 65 anos, quedarían así:
- Con cónxuxe a cargo: 1.003 euros ao mes
- Sen cónxuxe: 813 euros ao mes
- Con cónxuxe non a cargo: 771 euros ao mes
 
Respecto a as pensións mínimas de incapacidade permanente, estas serían as novas contías:
- Con cónxuxe a cargo: 1.503 euros ao mes
- Sen cónxuxe: 1.218 euros ao mes
- Con cónxuxe non a cargo: 1.155 euros ao mes
 
E estas serían as novas pensións mínimas de viuvez:
- Con cargas familiares: 939 euros ao mes
- Con 65 anos ou con discapacidade de como mínimo o 65%: 813 euros ao mes
- Entre 60 e 64 anos: 760 euros ao mes
- Con menos de 60 anos: 616 euros ao mes
 
Grazas a estas revalorizacións, un pensionista cobra de media 321 euros máis ao mes que en 2018.