TRÁMITES PARA O RECOÑECEMENTO COMO FAMILIA MONOPARENTAL POR PARTE DA XUNTA DE GALICIA

24. 03. 05

QUEN TEN DEREITO?

1.- Mulleres ou homes que afronten a maternidade ou paternidade en solitario.

2.- Familias formadas por un cónxuxe viúvo e os/as fillos/as.

3.- Familias formadas por unha nai ou pai que queda a cargo das fillas/os sen que haxa custodia compartida

DOCUMENTACIÓN PRECISA PARA OBTER O CERTIFICADO

- Copia DNI/NIE da persoa solicitante

- Copia do ibro de familia ou certificado de nacemento dos/as fillos/as

- Certficado de empadroamenento colectivo

- Declaración xurada ou responsable de non manter unha relación de convivencia análoga á conxugal

- Certificacdo negativo de inscrición no rexistro autonómico de parellas de feito de Galicia: Podes obtelo aquí: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR212D&ano=2014&numpub=1&lang=gl

- En caso de divorcio, copia da sentenza ou da resolución xudicial que estableza as medidas paterno-filiais dos fillos e fillas en común, acompañado no seu caso, do correspondente convenio regulador (no que se recolle a garda e custodia non compartida do/a fillo/a s

- En caso de viúvez, certificado de defunción do outro proxenitor/a, no caso de que non figure no libro de familia.

* Seguen dando dereito ao recoñecemento os fillos/as maiores de idade ata 21 anos. A partires dos 21 anos e ata un mes antes de cumprir os 26 deberán acreditar que están estudando mediante a presentacion dun certifcado de matrícula expedido polo centro educativo ou un xustificante de pago de taxas de matrícula universitaria.

Non existe un MODELO NORMALIZADO PARA ESTE PROCEDEMENTO, polo que se terá que facer a través de SOLICITUDE XENÉRICA, podes descargar o formulario aquí: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A&ano=2017&numpub=1&lang=gl

DOCUMENTACIÓN COMPLETA