COMO SOLICITAR A PRESTACIÓN PARA O COIDADO DE MENORES AFECTADOS POR ENFERMIDADES GRAVES

24. 03. 05

Recoñécese á persoa que reduce a súa xornada laboral nun 50% para o coidado da persoa enferma

- NON PRECISAS CERTIFICADO DIXITAL, so precisarás facerte un SELFIE PARA IDENTIFICARTE.

- Para realizar a solicitude tes que entrar en: https://tramites.seg-social.es/

- Precisarás ter ACCESO A UN CORREO ELECTRÓNICO e FACERTE UNHA FOTO MOSTRANDO O TEU DOCUMENTO DE IDENTIDADE

- Agora tes que entrar na seguinte ligazón: https://pssc.seg-social.es/prestacion-cuidado-menores

Se tes certificado dixital, cl@ve ou DNI-E entra en: https://run.gob.es/ulp-cuidado02 tamén podes acceder a través de representante: https://run.gob.es/ulp-representante01

PASOS PARA REALIZAR A SOLICITUDE:

1) Descargar e encher o formulario: https://www.seg-social.es/wps/wcm/connect/wss/4130c6cb-df28-4def-8f9c-58a17628d35a/8-015_Castellano__Accesibilidad.pdf?MOD=AJPERES (é un pdf editable) Non é preciso que imprimas o formulario, será asinado durante o proceso. Unha vez cumprimentado gárdao no teu ordenador para xuntalo despois. 

2) Volta á pestaña anterior e preme no botón SOLICITUDE: https://pssc.seg-social.es/questionnaire/identification, cumprimenta todos os apartados sen olvidar o correo electrónico porque será onde che envíen un CÓDIGO DE VERIFICACIÓN para poder continuar co proceso.

3) Faite unha foto a través da ligazón que che vai aparecer na pantalla, colocando o teu documento de identidade ao lado da túa cara. Podes facelo se non tes cámara no teu ordenador, escaneando o código QR que che aparece en pantalla co teu teléfono mobil. 

4) Sube a fotografía e xunta por separado as dúas caras do teu documento nacional de identidade (sérveche subilo como foto).

5) Continua cubrindo o resto de información que che piden.

6) Chegando cara o final, preme na pestaña de XUNTAR O FORMULARIO que cubriches e gardaches ao inicio do proceso así como a documentación que che solicitan en función da túa situación. 

7) Se precisas xuntar algún formulario máis, só tes que descargalos desde as propias pestañas que tes visibles.

8) Non olvides MARCAR AS CASILLAS DE CONSENTIMENTO.

9) Asinar no recadro (co rato) e premer en TERMINAR.

10) Comprobado que todo está ben, preme no botón ENVIAR

11) Terás que introducir un novo código de verificación que che será enviado nese momento ao teu correo electrónico

12) Unha vez feito o sistema xerará un código de solicitude que tamén che será enviado ao teu enderezo electrónico, na mesma pantalla poderás descargar o teu xustificante de presentación.

 

Se tes algunha dúbida podes contactar co INSS nos seguintes teléfonos:  901 166 565 / 915 421 176

Toda a información: https://www.seg-social.es/wps/portal/wss/internet/PortalEducativo/Profesores/Unidad3/PESS303/PESS318