RESCATE DOS PERÍODOS DE PRÁCTICAS REALIZADOS NO PASADO A EFECTOS DO CÓMPUTO DA PENSIÓN. ALGUNHAS ACLARACIÓNS

24. 05. 02

Esta medida extraordinaria afecta a PERÍODOS EN PRÁCTICAS ou en PROGRAMAS DE FORMACIÓN INVESTIGADORA para o cómputo da pensión.

1) Trátase dun procedemento extraordinario, que abre unha xanela a quen non tiveron a posibilidade de que as súas prácticas cotizasen no seu momento poidan incorporalas agora.

2) Se vehiculiza a través de convenio especial que cada persoa interesada poderá subscribir coa Seguridade Social durante un período de dous anos co que ten a opción de recuperar ata un máximo de cinco anos

3) Estes antigos estudantes non cotizaron entón porque non estaba previsto e durante anos viviron co convencemento de que nunca poderían recuperar eses anos de cotización. Agora ábrese esta vía para que poidan facelo se o desexan.

4) A Seguridade Social é un sistema esencialmente contributivo. Se queremos garantir un nivel de protección suficiente, é necesaria unha cotización adecuada. Grazas á dignificación do 54% do SMI, a base mínima que se toma asegura mellores prestacións.

5) Este procedemento ten o mesmo deseño que o rescate extraordinario que se realizou en 2011, cando se estableceu a cotización das prácticas remuneradas, e supón a configuración habitual nos convenios especiais coa Seguridade Social

6) A achega baséase na base mínima de cotización actualizada de 2024 e conta cun coeficiente redutor do 0,77, que supón unha rebaixa do 23%

7) O pago realizarase a elección da persoa solicitante, en pago único ou fraccionado, nun número máximo de mensualidades igual ao daquelas polas que se formalizou o convenio

8) As cotas do convenio especial son gasto deducible no IRPF

📄Aquí tedes máis información: https://www.inclusion.gob.es/w/el-gobierno-facilita-la-recuperacion-de-periodos-de-practicas-o-programas-de-formacion-investigadora-como-anos-cotizados

Requisitos

- As prácticas non remuneradas deberán producirse con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2024 e, no caso das prácticas remuneradas, a súa realización deberá producirse con anterioridade ao 1 de novembro de 2011.

- Para acollerse a este convenio especial os interesados/as deberán acreditar o período de duración dos programas de formación nos que participasen.

- Estes antigos alumnos/as serán asimilados a persoas traballadoras por conta allea a efectos da súa inclusión no Réxime Xeral da Seguridade Social. Así, a cotización polos períodos de prácticas recoñecidos neste convenio especial terá por obxecto a cobertura das prestacións de xubilación e de incapacidade permanente e morte e supervivencia derivadas de continxencias comúns.

-  Desde o 1 de xaneiro de 2024, os alumnos que realicen prácticas formativas, remuneradas ou non, están incluídos no sistema da Seguridade Social. 

Acceso ao BOE: chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.boe.es/boe/dias/2024/05/01/pdfs/BOE-A-2024-8713.pdf