REFORMA DO SUBSIDIO POR DESEMPREGO: MELLORAS QUE SE INCLUIRÁN

24. 05. 07

Melloras que traerá consigo esta nova reforma do subsidio por desemprego en comparación coa Real Decreto Lei 7/2023, que foi derrogado:

  • Base de cotización do subsidio por desemprego para maiores de 52 anos: Seguimos co 125% do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) como referencia para os subsidios de persoas maiores de 52 anos.
  • Compatibilidade: Agora, permítese a compatibilidade destes subsidios durante un máximo de 180 días, para usalos como apoio ao emprego.
  • Protección ampliada: Amplíase a protección a traballadores/as fixos descontinuos, a emigrantes españois ao regresar a España e a vítimas de violencia de xénero.
  • Eliminación de parcialidade: Xa non importará se tiñas un contrato a tempo parcial ou completo, a contía do subsidio será igual para todos/as, polo que desaparecerá a parcialidade dos subsidios por desemprego, que prexudicaba aos traballadores con contrato a tempo parcial.
  • Mes de carencia: elimínase o mes de espera despois de esgotar a prestación contributiva.
  • Apoio a traballadores/as eventuais agrarios: Unifícanse e amplían as prestacións por desemprego para este grupo.
  • Acceso desde Marrocos: Traballadores que traballasen en Ceuta e Melilla e residan en Marrocos poden acceder á protección por desemprego, mesmo sen vivir en España.
  • Pasarela ao IMV: Créase un sistema para trasladar prestacións do SEPE ao Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS).
  • Reserva de políticas activas de emprego: Destínase parte dos fondos de emprego para persoas maiores de 52 anos.