NOVOS DEREITOS PARA O ALUMNADO QUE REALICE PRÁCTICAS AÍNDA QUE NON SEXAN REMUNERADAS

25. 01. 17

Desde o 1 de xaneiro de 2024 o alumnado en prácticas formativas, remuneradas ou non, están incluídos no sistema da Seguridade Social.

Trátase dunha extensión dos teus dereitos, deste xeito, durante as túas prácticas formativas dispoñerás dunha cobertura social (protección fronte a enfermidades ou accidentes laborais), á vez que xeras dereitos para a percepción de futuras prestacións como a xubilación.

Beneficios de cotizar

A alta na Seguridade Social protéxeche e proporciona diferentes beneficios:

- Asistencia sanitaria e prestación económica temporal en caso de maternidade, enfermidade ou accidente.

- Se tes unha incapacidade permanente para traballar tes dereito a unha pensión indefinida.

- Dereito a futuro a unha pensión de xubilación cando finalices a túa vida laboral.

- Prestacións de viuvez e orfandade para os teus familiares, en caso de falecemento.

A quen afecta?

Afecta os alumnos/as que realicen polo menos algún dos seguintes tipos de formación e se atopen realizando prácticas:

a) Alumnado de titulacións oficiais de grao, máster e doutoramento.

b) Alumnado de titulacións propias da universidade, xa sexa un máster de formación permanente, un diploma de especialización ou un diploma de experto.

c) Alumnado de ensinos artísticos superiores, ensinos artísticos profesionais e ensinos deportivos do sistema educativo.

d) Os alumnos en prácticas embarcados e alumnos en prácticas que realicen actividades do mar, pero non estean embarcados.

Que necesito para poder empezar as miñas prácticas?

Para poder empezar as túas prácticas formativas necesitas o Número da Seguridade Social (NUSS).

A empresa e centro formativo son as encargadas de darche de alta na Seguridade Social e de solicitar o teu número da Seguridade Social (NUSS).

Se a empresa ou centro formativo che solicítan o teu NUSS, é importante que coñezas que é probable que xa teñas asignado este número se traballaches anteriormente ou estiveches cuberto polo seguro escolar.

Quen paga a miña cota?

No caso de que as túas prácticas sexan remuneradas, a achega corre tanto a cargo da empresa ou centro formativo como da túa conta. Ambas as achegas ingrésanse pola empresa ou centro formativo descontando da túa nómina a parte correspondente.

Se as túas prácticas non son remuneradas, a empresa ou centro formativo é o único responsable de cotizar á Seguridade Social.

Como se computan os días de prácticas no meu informe de vida laboral?

De agora en diante, como alumno/a en prácticas, estás a contribuír á Seguridade Social, o que significa que estás a acumular tempo para a túa xubilación no futuro, pero existen diferenzas no conxunto de días cotizados dependendo do tipo de prácticas que realices:

a) Prácticas non remuneradas: Sempre que non esteas a realizar ningunha outra actividade profesional, cada día de prácticas non remuneradas cóntase como 1,61 días cotizados, sen que poida excederse, en ningún caso, o número de días do mes correspondente.

b) Prácticas remuneradas: Sempre que non esteas a realizar ningunha outra actividade profesional, as prácticas remuneradas contan igual que un traballador por conta allea, é dicir, un día cotizado por un traballado.

 

Toda a información: https://portal.seg-social.gob.es/wps/portal/importass/importass/Colectivos/alumnos/guia